Segue a lea no Pazo de Raxoi: todos contra todos ante unha posible moción de censura
Verea critica que "non hai seriedade" nos non adscritos, Rosón achácalle a Guinarte que sexa el quen fale de "esperpento" e Louzao asegura que o Goberno local segue a traballar e "todo o demais é ruído"

Imaxe do último pleno, celebrado na biblioteca do Consello da Cultura Galega por mor das obras en Raxoi / Antonio Hernández

A lea política á conta dunha posible moción de censura ao goberno en minoría de Goretti Sanmartín segue a ser a protagonista no Pazo de Raxoi. Logo de que as concelleiras non adscritas declarasen esta semana que a única posibilidade de que apoiasen algo así sería con Mercedes Rosón como alcaldesa, o voceiro do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, non dubidou en brindarlle esa posibilidade á exconcelleira socialista, que respondeu cun rotundo: "Xamais". Un "peche de portas" que para o líder popular implica que "se non hai seriedade é moi difícil construír".
Verea instou as non adscritas, "que fixeron unha oferta, sen interpretacións e sen matices diante de toda a cidadanía", a que expliquen por que se retractan desa iniciativa "24 horas despois". Unha reacción que leva ao deputado do PP a preguntarse se o ofrecemento "non era certo?" Estaban mentindo? Ou estaban xogando coa cidadanía". O popular asegurou: "Teño todo o respecto polos concelleiros da Corporación local, o que non se pode é non ser serios".
"Por que se retratactan 24 horas despois? A oferta non era certa? Estaban mentindo?"
A edil Mercedes Rosón non tardou en defender o posicionamento dos non adscritos: "Non nos vendemos a ninguén, as nosas vontades non se compran. Sempre dixemos que non á moción de censura, por suposto que podemos chegar a acordos con todo o mundo, tamén con o Partido Popular", pero a concelleira matizou tamén que "non participaremos nunca nunha moción de censura. Sempre dixemos que era un debate pechado, díxemolo en abril, díxemolo a principios de setembro, díxoo Gonzalo (Muíños) o xoves e o mércores e reiterámolo".
A concelleira denunciou tamén no seu comunicado que "despois de dous anos nos que se nos ten sinalado como as cómplices do BNG e Compostela Aberta, agora comenza unha nova carreira para acusarnos de coquetear co Partido Popular, a cousa sempre é sinalar as non ascritas polo que poida pasar".
Rosón asegurou que nunca quixeron as non adscritas entrar en tal debate e afirmou que dende os demais grupos e os medios de comunicación se fixeran "interpretacións malintencionadas e titulares" na mesma liña. Algo semellante ao que considerou a voceira do Goberno local, Míriam Louzao, que preguntada pola prensa sobre este asunto asegurou: "Mentres uns e outros se mandaban mensaxes polas redes e polos medios, nós seguimos a traballar con intensidade para cubrir as necesidades do concello e os intereses da veciñanza". "Todo o demais é ruído", concluíu a edil do BNG.
A portavoz nacional do partido nacionalista, Ana Pontón, respondía tamén así ao PP durante un acto celebrado en Lugo e instábao a «deixar de enredar» e asumir que en Santiago «hai un goberno que está funcionando» e a que «deixen de tratar de conseguir nos despachos» o que non son quen de lograr nas urnas.
"Nós seguimos a traballar con intensidade, todo o demais é ruído"
Do "esperpento" á venda de vontades
Dende a bancada socialista no Pazo de Raxoi tachaban a lea na que está inmersa a Corporación local arredor da posibilidade dunha moción de censura de "esperpento". O voceiro do grupo municipal socialista, Sindo Guinarte, lamentaba así a través dunha nota de prensa a situación vivida "nas últimas horas en Compostela tras o anuncio dunha suposta moción de censura impulsada polo concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños".
Guinarte afirmou que “a política municipal transitou dende o enredo ao esperpento” e criticou que “o autoproclamado voceiro dos non adscritos di que apoiarían unha moción de censura con Mercedes Rosón como candidata. Ao cabo de pouco tempo, o Partido Popular, que por suposto se apunta a un bombardeo e que era o único interpelado posible nese ofrecemento, pois di que si, que apoian a moción de censura”.
“Iso non é facer política seria, iso simplemente é facer o ridículo e facerlle o xogo ao Partido Popular”
Igual que o líder do PP, Borja Verea, Guinarte considera que o rexeitamento final dunha moción por parte das non adscritas só pode deberse a dúas cuestións: "Ou cando o señor Muiños fai esa proposta non contou coa anuencia da señora Rosón ou simplemente a proposta era para conseguir un titular nalgún diario durante unhas horas cunha proposta disparatada”. Guinarte destacou que “iso non é facer política seria, iso simplemente é facer o ridículo e facerlle o xogo ao Partido Popular”.
Ante estas declaracións, a edil Mercedes Rosón non deixou escapar a oportunidade de confrontar co seu excompañeiro de bancada, poñendo o foco en que "falan de esperpento os autores materiais dunha das maiores infamias políticas que se viviu en Santiago, e que ou faga ademais o señor Guinarte, unha persoa que chegado momento vendeu á súa vontade a cambio de prevendas que aínda están por ver, é obsceno".
Rosón referiuse á votación contra a ordenanza do lixo, no último pleno ordinario, e afeoulle aos socialistas en Raxoi que a súa "presunta coherencia deixouse patente cando votaron en contra dunha norma que eles mesmos iniciaron para simular unha derrota política da señora Sanmartín".
"Foi aos dous edís do PSOE aos que Verea se referiu como posibles socios preferentes nun pleno no que coincidiron na maior parte dos posicionamentos"
"Esa é a altura de miras e a responsabilidade da que eles presumen", asegurou Rosón en referencia a Guinarte e Marta Abal, "cando só practican o populismo e a política do mercadeo". Na súa comunicación, a exsocialista referiuse tamén á "rabia contida ou non tan contida do portavoz da parella socialista en Raxoi -Sindo Guinarte- ou do secretario xeral dos socialistas -Aitor Bouza-". A concelleira afirmou que se "retratan eles mesmos, que por certo, son aos que Verea se referiu como posibles socios preferentes nun pleno no que coincidiron PP e PSOE na maior parte dos posicionamentos".
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Rueda: 'A mellor opción e, probablemente a única', es una sola Facultad de Medicina descentralizada
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana