Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A USC analizará nun seminario sobre a discriminación a mulleres maiores

A actividade, aberta a todo o público con previa inscrición, terá lugar o xoves 16 de outubro na Facultade de Dereito

Una muller durante un curso de formación para maiores da USC.

Una muller durante un curso de formación para maiores da USC. / Santi Alvite

L.R.

Santiago

A discriminación que sofren as mulleres maiores. Esta temática abordarase o vindeiro 16 de outubro na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago. Persoal experto, fundamentalmente do eido do dereito laboral debatirán no seminario ‘A discriminación padecida polas mulleres maiores: Reflexións tras a entrada en vigor da Lei 15/2022, de 12 de xullo, integral para a Igualdade de trato e a non discriminación’.

O evento, a desenvolver en formato híbrido (presencial e en liña) na sala de xuntas da Facultade, é de balde e aberto a todo o público (previa inscrición en sagrario.cadenas.ruiz@usc.es) e enmárcase nas Axudas á investigación da USC para a realización de proxectos destinados ao desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para 2025.

Logo da inauguración ás 9.30 horas, os relatorios darán comezo coa delegada do reitor para a Igualdade da USC e profesora titular de Filosofía do Dereito Sonia Esperanza Rodríguez Boente, que intervirá con ‘As mulleres maiores vítimas de discriminación(es). Unha materia pendente’. A continuación, tomará a palabra José Fernando Lousada Arochena, profesor da Universidade de A Coruña e maxistrado especialista na Orde Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), con ‘Muller e maior: discriminación interseccional’.

A sesión continuará ás 12.30 horas co relatorio ‘A discriminación por asociación: unha visión xudicial’ a cargo de Luis Fernando de Castro Mejuto, profesor da UDC e presidente da (TSXG) e rematará ás 13.30 horas cun debate a modo de conclusións e a clausura do evento.

O seminario está dirixido polas profesoras de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da USC Consuelo Ferreiro Regueiro e Alicia Villalba Sánchez, sendo secretarias a profesora axudante Lara María Munín Sánchez e a investigadora María del Sagrario Cadenas Ruiz. 

Tracking Pixel Contents