Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Verea aposta pola creación dunha Concellería de Industria: «A porcentaxe do PIB en Santiago é moi baixa»

Ve necesario mellorar o tecido industrial da cidade e a porcentaxe industrial do PIB

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reunise esta semana cos membros da Cámara de Comercio.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reunise esta semana cos membros da Cámara de Comercio. / C.

ECG

Santiago

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, reuniuse esta semana pasada cos membros da Cámara de Comercio de Santiago, acompañado de Juan Bravo, vicesecretario xeral de Economía do PP, para «falar dos retos económicos e retos industriais que ten a nosa cidade».

Borja Verea remarcou que os datos actuais neste eido fan que «teñamos que poñer as luces vermellas, xa que, no último ano co goberno de BNG e CA, perdéronse en Santiago máis de 100 comercios, que pecharon e que non van volver a abrir, xa que non hai relevo comercial».

Verea denunciou que «existe un dato moi importante que non somos quen de mellorar, a porcentaxe industrial do PIB en Santiago, que é a menor das cidades galegas, moi por debaixo da media de Galicia».

«Unha situación que nos leva a poñer medidas sobre a mesa» co fin de mellorar o tecido industrial de Compostela. Para iso, apostou pola «creación dunha oficina de captación de investimentos que faga o traballo de acadar, mimar e buscar todos eses investimentos que poidan chegar á nosa cidade e, posteriormente, traballar de forma interna para facilitar a súa implantación».

Insistiu, ademais, en que «un goberno do Partido Popular en Santiago tería unha Concellería de Industria dedicada, única e exclusivamente, a mellorar o tecido industrial da nosa cidade e a porcentaxe industrial do PIB, que é moi baixa, o que supón unha débeda que temos todos con Santiago».

Tamén propón, segundo explicou, a elaboración dun fondo municipal de capital-risco local, «que poida fidelizar todos os proxectos que xeren emprego e valor engadido na capital de Galicia».

Tracking Pixel Contents