Raxoi adxudica a elaboración do novo deseño para Castrón Douro
A UTE Estudio Técnico Galego e Acota redactará, por 84.000 euros, a modificación do proxecto para a segunda fase da reurbanización da rúa

Vista da rúa Castrón Douro, no barrio de Sar, que contará con novo deseño. / Antonio Hernández

A transformación da rúa Castrón Douro de Santiago avanza despois dunha década sen ningún movemento, xa que a Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o contrato para redactar a modificación do proxecto para a segunda fase da reurbanización. É o tramo máis baixo o que estaba pendente dunha reforma que se intentou levar a cabo, como xa comentou este medio nos últimos días, por primeira vez no ano 2015 e logo na última fase do mandato de Xosé Sánchez Bugallo. Unha acción que se paralizou por discrepancias dos veciños co último proxecto que se pretendía executar.
Agora, co fin de darlle unha volta ao proxecto inicial, o Bipartito sacou a licitación hai uns meses un contrato para a elaboración du novo boceto.
Finalmente, a dirección facultativa das obras asignouse á UTE formada por Estudio Técnico Gallego e Acota Arquitectura Urbanismo y Construcción. A adxudicación fíxose por 84.010,30 euros. As outras dúas empresas interesadas no novo diseño eran Proyfe Eptisa e Eptisa. A empresa escollida terá un prazo de tres meses para a redacción do proxecto, que deberá entregar a Raxoi, para que logo poña en marcha a elaboración dos pregos e licitación do contrato de obra de reurbanización da rúa compostelá.

O proxecto ten como obxectivo recuperar a rasante orixinal da rúa / Antonio Hernández
Recuperar a rasante orixinal
O proxecto ten como obxectivo recuperar a rasante orixinal da rúa e resolver, polo tanto, a diferenza de cota entre o interior de varias vivendas adxacentes e catalogadas e o espazo público.
O traballo consistirá, segundo indica o Concello, na definición técnica e económica da intervención que permita intervir as redes de telecomunicacións e doutros servizos existentes, que son o principal condicionante para a modificación da rasante.
Desta forma, «garantirase a accesibilidade e a posta en valor das edificacións da rúa, ao mesmo tempo que se renovarán os pavimentos e se mellorará a prestación de servizos públicos».
A modificación deste proxecto responde a «un compromiso da alcaldesa, Goretti Sanmartín», de retomar o proxecto inicial e «crear espazos de socialización para a veciñanza».
No referente a este segundo tramo de Castrón Douro, apuntaban os técnicos municipais, forma parte dun eixe que vincula a cidade histórica co anel de espazos verdes e con a Cidade da Cultura, «o que permite ofrecer novos atractivos turísticos que poidan reducir a presión no centro, e integrar un conxunto patrimonial do nivel da Colexiata de Sar co seu entorno».
Suscríbete para seguir leyendo
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos