Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Que facer hoxe, 14 de outubro, en Santiago?

Galicreques continúa con seis funcións

Galicreques continúa con seis funcións / Galicreques

Galicreques continúa con seis funcións

FESTIVAL. O Festival Galicreques continúa hoxe con seis funcións. Ás 10.30h na Fundación SGAE, Títeres Candelilla (Chile) representa Kuiyen, sueño Mapuche.

O Teatro Principal acolle á mesma hora Buh! que medo!, de Teatro Escena (Galicia); e ás 20.30h, Tape y otros cuentos, de Roberto White (Arxentina).

Na Carpa da Alameda, Teatro La Estrella (C. Valenciana) fará dúas funcións de Los tres cerditos ás 11.30h e ás 17h. Ás 18h no CSC Ensanche, El Guiño del Guiñol (Colombia), con El último árbol.

O Festival Ateneo Barroco homenaxea a Wanda Landowska

RECITAL. O Salón Teatro de Santiago acolle hoxe ás 20.00 horas o recital Homenaxe a Wanda Landowska. Un tesouro da música para clave, a cargo do recoñecido clavecinista Kenneth Weiss.

O programa, que forma parte da VII edición do Festival Ateneo Barroco, inclúe obras de Bach, Haendel, Scarlatti, Rameau, Couperin, Purcell, Vivaldi e Mozart, e recrea a histórica grabación que a intérprete polaca realizou para RCA en 1957, un fito na recuperación do repertorio antigo para clave. As entradas poden adquirirse na páxina web do festival.

O recoñecido clavecinista Kenneth Weiss

O recoñecido clavecinista Kenneth Weiss / Festival Ateneo Barroco

Mostra na Alameda sobre a minería galega

INAUGURACIÓN. A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) continúa coa celebración do seu centenario coa chegada a Santiago da exposición urbana itinerante Tesouros da terra: a minería galega a través do tempo.

O parque da Alameda acolle a mostra ata o 23 de outubro para dar a coñecer este patrimonio histórico. O acto inaugural será hoxe ás 11:30 horas.

Mostra na Alameda sobre a minería galega

Mostra na Alameda sobre a minería galega / Cámara Ogicial Mineira de Galicia

Concerto de Putan Club no Modus e ciclo Agustito na Borriquita

MÚSICA. O Modus Vivendi acolle esta noite ás 21.00 horas un concerto de Putan Club (entrada inversa), un dúo italo-francés con base entre Dakar e Faro combina voz, baixo, guitarra e electrónica nunha mestura salvaxe de groove, punk, techno e furia poética.

Ademais, na Borriquita de Belem ás 21.30 horas continúa o ciclo Agustito, con entradas a 8 euros. Nesta ocasión, actuará o contrabaixista Xurxo Estévez, acompañado de Miguel Fernández á batería e Pablo Costas ao piano.

Tracking Pixel Contents