Convócase a dirección facultativa da obra para a Casa dos maiores en San Pedro de Mezonzo
O goberno municipal de Santiago agarda aprobar o expediente da obra durante este mes

Antigo local da Tesouraría da Seguridade Social que acollerá o Centro de Maiores do Ensanche / Antonio Hernández

A xunta de goberno local celebrada este luns no Pazo de Raxoi deulle luz verde ao expediente para a contratación do «Servizo se dirección facultativa das obras do Centro de Maiores na Rúa San Pedro de Mezonzo». Un centro polivalente e interxeracional na procura de favorecer o envellecemento activo e loitar contra a soidade non desexada cuxa obra o goberno de Goretti Sanmartín prevía iniciar neste 2025 e pola que preguntou no pleno ordinario de setembro a edil non adscrita Marta Álvarez.
O que agora sae a concurso, por procedemento aberto simplificado (con prazo de presentación de ofertas de 15 días naturais dende a publicación na Plataforma de Contratación) é a dirección facultativa, que habitualmente se convoca xunto coa obra. Esta dirección conta cun orzamento base de licitación de 102.487 euros que se desagrega en dúas anualidades: 6.050 euros para 2025 e 96.437 para o vindeiro ano.
Tanto esta dirección facultativa coma a propia obra están marcadas polo proxecto de acondicionamento do arquitecto Miguel Serrano, aprobado pola xunta de goberno en xuño de 2024 e vinculado aos orzamentos de 2025 –aprobados polo pleno no mes de febreiro deste ano–. Un proxecto de rehabilitación neste espazo cedido –por 25 anos– pola Tesouraría da Seguridade Social durante o último mandato de Sánchez Bugallo.
Ao respecto da demora na rehabilitación deste inmoble, a edil de Servizos sociais, María Rozas, comentaba no último pleno que unha vez recollido o proxecto do mandato socialista se viu que «a necesidade de rehabilitación era maior da prevista» sumado a que se reorientou o proxecto –Casa dos Maiores– para crear un Centro de Atención Polivalente e Interxeracional, destinado a paliar a soidade non desexada, que na zona do Ensanche-Conxo-Pontepedriña afecta o 30% dos maiores de 65 anos.
Obras de mellora de drenaxe no Cruceiro da Coruña
A xunta de goberno aprobou tamén o proxecto de obras de mellora da drenaxe na avenida do Cruceiro da Coruña, entre os números 185 e 191 –no sentido de entrada a cidade–. Unhas actuacións orzamentadas en 66.257 euros (base de licitación, IVE incluído) e para as que se conta cun prazo de execución de 2 meses.
A voceira do goberno, Míriam Louzao, explicou en rolda de prensa que neses 600 metros cadrados de actuacións para a mellora da drenaxe tamén se actuará renovando o pavimento e a seguridade viaria, no relativo aos pasos peonís e aos espazos reservados para as paradas dos buses.
Louzao matizou na súa intervención que aínda que para o Cruceiro da Coruña se contempla unha actuación máis ampla e integral, «era preciso e urxente» resolver o mal estado deste punto do viario.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos