Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Corte de tráfico no túnel do Hórreo dende esta noite até o próximo venres

Vaise levar a cabo o repintado das marcas viais en ambos sentidos da circulación

O túnel do Hórreo permanece pechado de mércores a venres para repintar a vía

O túnel do Hórreo permanece pechado de mércores a venres para repintar a vía / Antonio Hernández

Santiago

Dende a noite deste mércores e até o venres 17 de outubro vai permanecer cortado ao tráfico o túnel do Hórreo. A razón débese á realización de traballos de repintado da marcas viais do túnel. Por este motivo a circulación en sentido Santiago-Milladoiro vai permanecer cortada entre as 23 horas do mércores 15 e as 5.30 do xoves.

En canto ao tramo Milladoiro-Santiago, o corte de tráfico para a realización destas tarefas de repintado producirase dende as 23 horas do xoves 16 de outubro até as 5.30 horas do venres 17.

Reparación na Travesa de Fonseca

Outra das rúas que durante esta semana permanecerá unhas horas cortada ao tráfico de vehículos é a Travesa de Fonseca. O corte producirase este xoves 16, entre as 10 e as 15 horas, debido á realización de traballos para a reparación dunha arqueta que se atopa en mal estado.

Os vehículos que habitualmente circulan pola Travesa de Fonseca deberán desviarse durante esa mañá polas rúas de San Clemente, Trindade e Hortas, segundo indican dende o Pazo de Raxoi.

Tracking Pixel Contents