Teatro amador para "fortalecer o músculo das artes escénicas" en Santiago
Chega Outono Teatral, do 17 de outubro ao 28 de novembro da man de Fegatea e a Rede de Centros socioculturais

Presentación de Outono Teatral en Compostela / Concello de Santiago
A veciñanza de Compostela ten nas vindeiras datas unha nova oportunidade de gozar do teatro amador grazas a Outono Teatral. Un evento que continúa a estela do Festival Agustín Magán de teatro amador, e que chega coma este último da man de Fegatea (Federación Galega de Teatro Amador) e da Rede de Centros socioculturais (CSC) para "fortalecer o músculo" da cidade arredor "das artes escénicas". Así o explicaba o técnico de de CSC, Xulio Noia, que presentou a programación xunto ao edil de CSC, Xan Duro, e directora de Fegatea, Chelo Pampillón.
Con esta programación, que se vai desenvolver entre o 17 de outubro e o 28 de novembro, o que se pretende segundo o concelleiro é: "Democratizar a cultura a través dos centros socioculturais facéndoa chegar a todos os recunchos da cidade e a novos públicos".
Serán así oito funcións que se van desenvolver noutros tantos CSC do ámbito urbano (en Fontiñas, Santa Marta, cidade vella, Castiñeiriño e Vite) e do rural (O Romaño, Verdía e Santa Cristina de Fecha), destinadas a todos os públicos e totalmente de balde.

Programa Outono Teatral de Santiago / Concello de Santiago
O programa
Chelo Pampillón detallou durante a rolda de prensa que o deseño da programación, con grupos de toda Galicia, se fixou en total coordinación con cada CSC, "dentro dos grupos que tiñan as datas dispoñibles" coordinouse co técnico de cada centro a obra teatral máis acaída, así coma a data e o horario da función.
Desta maneira Outono Teatral bota a andar o venres 17 de outubro no CSC de Fontiñas con Encrobas, de Catro Gatos Teatro. Ao día seguinte, o encontro coa arte escénica pasa ao CSC de Santa Marta, onde ás 19 horas Abran Paso Teatro leva a escena Heroes de decembro.
O sábado 8 de novembro, a cita co teatro amador e dupla: ás 18 horas, Porta Aberta leva ao Romaño Munuwa; e ás 18.30 escenifícase en Verdía Xa é hora, de Teatro Pesadelo.
E en resposta á adaptación ao programa de actividades dos centros socioculturais, non só as fins de semana son obxecto de programación, pois o luns 10 de novembro, o CSC Maruxa e Coralia da cidade histórica acolle a representación de O Randiña, do grupo Os Torques (Burela).
A programación de Outono Teatro continúa o sábado 15 de novembro cunha peza infantil no CSC do Castiñeiriño. É ás 12 horas da man de Atrezo Teatro con Contos pendurados do arco da vella.
O mesmo día pero ás 18.30 en Santa Cristina de Fecha, o grupo Fauna 113 Teatro sobe ás táboas do CSC con Os veciños do lado.
E Outono Teatral despídese o venres 28 de novembro con A leira, de Fontevella Teatro, ás 19.30 horas no CSC de Vite.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
