Axenda cultural: Que facer hoxe, 15 de outubro, en Santiago?

Francisco Moreira, no Sisons 25 / SISONS
Arranca o Sisons 25 con dous showcases e dous concertos
MÚSICA. Sisons Enclave Musical, o evento que reúne profesionais do ámbito cultural e musical aberto ao público, comeza hoxe con tres citas que inclúen dous showcases e dous concertos.
Ás 17.30h na Casa das Máquinas será o evento inaugural cos showcases de Kreze, un trío de corda e voz, e Francisco Moreira, un fadista moi novo pero xa consolidado.
Ás 20.30h na Borriquita de Belem haberá un concerto de Sekadra e Leni Pérez, que fusionan jazz con música tradicional.
Ás 22h no Riquela, peche da xornada coa música electrónica de KMKR. Todos os espectáculos son gratuítos.
A estrea de ‘Cenicienta’ de Zaches Teatro protagoniza o Galicreques
MONICREQUES. O Festival Galicreques continúa hoxe con dúas estreas: a de Cenicienta, de Zaches Teatro, ás 20.30 horas no Teatro Principal; e a de La luna como testigo, de Agárrate Catalina ás 12h. no CSC de Santa Marta.
Ademais, ás 10.30h., na Fundación SGAE Kuiyen, sueño mapuche, de Cancelilla, e no Principal, Tape y otros cuentos, de Roberto White.
Completa a xornada La boda de la pulga y el piojo, de La Gotera de la Azotea, na Carpa da Alameda ás 11.30h. e ás 18h., e El caballero sin caballo, de Pizzicatto teatro, no CSC de Laraño ás 18h.
Visita guiada polos conventos de clausura
RUTAS. Volven os Itinerarios Patrimonio C, rutas temáticas guiadas de Compostela Cultura. Ás 19h. comeza Servas de deus, donas de si, un percorrido polos conventos de clausura da cidade.
Non é só unha ruta polos silenciosos claustros, senón unha inmersión en fascinantes historias de poder e resistencia.
Badmanners celebra 50 anos en Capitol
CONCERTO. A banda británica Badmanners chega hoxe á Sala Capitol coa xira do seu 50 aniversario.
Cun estilo irreverente e inconfundible, seguen levando aos escenarios unha mestura de ska, rhythm and blues e punk attitude que converte cada concerto nunha festa colectiva. Estarán precedidos polos galegos The Eskarallas ás 20.30h, con entradas por 24 euros.
Finaliza a mostra sobre Torrente Ballester
MOSTRA. Última xornada para visitar a mostra sobre Gonzalo Torrente Ballester na sede da súa fundación (Rúa do Vilar, 7).
Comisariada por Carmen Becerra Suárez, especialista na obra do autor, a exposición propón un percorrido vital e creativo polas súas diferentes etapas. Aberta de 12 a 13.30 e de 17.30 a 20.30 horas.
Foliada no Modus e concerto no Paraninfo
MÚSICA. O pub Modus Vivendi celebra unha foliada a partir das 22h. na que convidan os asistentes a levar instrumentos para participar. Ademais, o Paraninfo da Universidade acolle ás 19h. un concerto de arpa a cargo de Nuria de León, Bleuenn Lefriec e Manuel Vilas.
Titulado Do vello Simbad ao cantor da arpa, trátase dunha lembranza do xenial intérprete e compositor Emilio Cao. As dúas actividades son gratuítas.
Volve ‘A serie coplen’ ás táboas do Salón Teatro
TEATRO. A serie coplen ofrece unha nova xeira de representacións. A función de hoxe será ás 18h. no Salón Teatro con entradas por 10 euros e haberá cita diaria ata o domingo.

‘A serie clopen’ en el Salón Teatro / Cedida
Trátase dunha produción do CDG con alma de circo dirixida por Pablo Reboleiro. O elenco está formado por Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hess, Raquel Oitavén, Inés Santos, Guillermo Solo e Natalia Pajarito.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces