Éxito dun proxecto europeo no que participa a USC: gafas intelixentes na educación sanitaria
Estudantes de Enfermería participaron en ClinicalModelling que busca integrar tamén o video-modelado en hospitais e universidades de toda Europa

Sesión práctica do proxecto ClinicalModelling na Facultade de Enfermaría da Universidade de Santiago. / Cedida
L.R.
A Facultade de Enfermería da Universidade de Santiago participou estes dous anos pasados no proxecto europeo ClinicalModelling, unha iniciativa Erasmus+ desenvolvida en colaboración con nove institucións de España, Portugal, Polonia e Eslovenia que consolidou o vídeo-modelado, o automodelado e as gafas intelixentes como unha metodoloxía transformadora na educación sanitaria, cun claro potencial para unha adopción máis ampla en toda Europa.
No proxecto involucráronse activamente máis de 230 estudantes de enfermería das catro universidades europeas participantes, cuns resultados que reflicten unha avaliación altamente positiva por parte de profesionais sanitarios e docentes, que subliñan a eficacia do vídeo-modelado para reforzar as competencias enfermeiras, fomentar a aprendizaxe autónoma e mellorar a autoavaliación do desempeño profesional.
Durante a fase de implementación na USC, o estudantado de Enfermería aplicou estas metodoloxías na aprendizaxe de procedementos clínicos baixo a guía dos docentes David Rey Bretal e Lucía Antelo Iglesias e co apoio da xestora de proxectos Noelia Gerbaudo González. Os resultados da pilotaxe reflicten melloras significativas na adquisición de habilidades técnicas, a precisión na execución, a comprensión estruturada dos procedementos clínicos e o desenvolvemento de autonomía, confianza e participación activa no proceso formativo, demostrando o potencial do enfoque para fortalecer o ensino práctico en enfermería.

Foto de grupo dos integrantes do proxecto ClinicalModelling, en Santiago. / Santi Alvite
Ao longo do proxecto realizáronse varias reunións a nivel estatal e internacional, nas que se contou con participación do estudantado, o profesorado e o equipo investigador e nas que se tiveron en consideración as achegas de persoal sanitario e científico que non participara no proxecto para enriquecer o seu desenvolvemento dende un punto de vista externo.
Extensión a hospitais e universidades de toda Europa
Agora, para estender o alcance do proxecto o consorcio ten previsto poñer a disposición da comunidade académica e profesional un conxunto de recursos educativos abertos, deseñados para integrarse en programas de grao e posgrao de Ciencias da Saúde que contribúan á mellora da calidade formativa e ao fortalecemento da cooperación académica europea.
Entre estes recursos destaca unha extensa biblioteca audiovisual composta por máis de 80 vídeos especializados, superando amplamente o obxectivo inicial do proxecto. Estes materiais inclúen contidos intraoperatorios e procedementos enfermeiros gravados en contornas hospitalarias dos catro países participantes que abarcan desde técnicas cirúrxicas avanzadas ata rutinas de seguridade, asepsia e preparación da contorna cirúrxica. Os vídeos ofrecen unha visión inmersiva e detallada de cada proceso, converténdose en ferramentas de alto valor pedagóxico tanto para a formación especializada como para a educación en competencias enfermeiras.
Así mesmo, deseñouse un plan de escalabilidade e sustentabilidade durante as reunións internacionais do proxecto, co obxectivo de integrar de forma progresiva a metodoloxía en hospitais e universidades de toda Europa, garantindo a súa continuidade e expansión a longo prazo.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos