Axenda cultural: Que facer hoxe, 16 de outubro, en Santiago?

Actuación de Bala na Capitol dentro do festival Sisons / Bala
Actuación de Bala na Capitol dentro do festival Sisons
CONCERTO. O dúo galego formado por Anxela Baltar (guitarra e voz) e Violeta Mosquera (batería e voz), que arrasa con forza propia dentro e fóra do país, actúa dentro do festival Sisons esta noite a partir das 22.30 horas na Sala Capitol.
Con tan só dous instrumentos e moita actitude, crean unha parede sonora demoledora que mestura grunge, punk, stoner e hardcore, cunha identidade salvaxe, directa e sen concesións. Sobre o escenario, Bala é pura enerxía: honestas, potentes e viscerais.
‘A clásica historia’ con Amadine Beyer e a Real Filharmonía
CLÁSICA. A Real Filharmonía de Galicia leva ás 20.30 desta tarde ao Auditorio de Galica A clásica historia.
Un concerto que vai contar coa dirección da violinista Amandine Beyer que vai estar acompañada por Diego Ares ao clavecín.
No programa que van interpretar o público asistente poderá gozar con temas de Bach (Sinfonía en Mi menor ), de Haydn (Concerto para clavecín en Re maior e Concerto para violín e clave) e de Luigi Boccherini, do que interpretarán Sinfonía núm. 23 en Re menor, op. 37, G.517.
La Pepa del Mamoncillo en Galicreques
TÍTERES. A compañía La Pepa del Real Filharmonía Mamoncillo representa dentro do festival Galicreques A dónde van los ríos.
Unha historia dun mariñeiro e tres paxariños carpinteiros que desafían as expectativas e se embarcan nunha cruzada do mar.
O titiriteiro combina técnicas de animación de obxectos e monicreques de mesa creando un mundo cheo de imaxinación e aventura.
Novo número do ‘Foro Galicia e Valle-Inclán’ no Museo Granell
PRESENTACIÓN. Este serán ás 19 horas na sede da Fundación Granell (no Pazo de Bendaña, na Praza do Toural) preséntase un novo número da revista Foro Galicia e Valle-Inclán.
Trátase esta dunha publicación de estudos sobre o dramaturgo galego Ramón María del Valle-Inclán, editada pola entidade asociativa homónima que preside o neto e acreditado investigador galego Xaquín del Valle-Inclán Alsina, director editorial do devandito boletín.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos