Santiago convertirase no epicentro da bioloxía celular en España
A Facultade de Bioloxía da USC acolle entre o 21 e 24 de outubro un congreso nacional que reunirá a investigadores internacionais

Investigadores en un laboratorio de la Universidade de Santiago. / Antonio Hernández
L.R.
A Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago acolle entre os días 21 e 24 de outubro o XXI Congreso Nacional da Sociedade Española de Bioloxía Celular (SEBC), que incluirá conferencias plenarias, sesións de comunicacións orais e presentacións en formato póster nas que se abordarán moi diversas temáticas de actualidade nesta disciplina.
O campo da Bioloxía Celular conta cunha ampla tradición e actividade investigadora na USC, de xeito que o desenvolvemento en Santiago desta importante cita científica reforza aínda máis esta traxectoria. A USC será así eses días o epicentro da bioloxía celular en España, reunindo persoal investigador de talla internacional con outro en formación. O comité científico organizador está composto polos investigadores e investigadoras do CiMUS Manuel Collado, Aurora Gómez-Durán, Carmen Rivas e Anxo Vidal.
Nos catro días desta cita científica haberá tamén espazo para un encontro de persoal investigador con estudantado de Bioloxía, unha charla sobre transparencia en experimentación animal ou a celebración da asemblea xeral da Sociedade.
Conferencias de científicios de prestixio internacional
O congreso, a desenvolver na Aula Magna da Facultade de Bioloxía, inaugurarase o día 21 ás 19.00 horas cunha conferencia do biólogo Alfonso Martínez Arias, profesor da Universidade Pompeu Fabra, que previamente (17.00 horas no IES Rosalía de Castro) presentará nun acto público o seu libro Las arquitectas de la vida. Cómo la nueva ciencia celular está reescribiendo la historia del ser humano co que revoluciona o campo da bioloxía ao formular un cambio de paradigma: o que nos define non son os xenes, senón as células. O acto moderarao o divulgador e responsable do programa Efervesciencia da Radio Galega, Manuel Vicente.
Xa o día 24, logo de tres días compartindo experiencias investigadoras, terá lugar a cerimonia de clausura, que pronunciará ás 12.45 horas Ana María Cuervo, do Albert Einstein College of Medicine (NYC, EE.UU).
Precisamente será Ana Cuervo quen, xunto coa catedrática de Bioloxía Celular da Universitat de Valencia Isabel Fariñas, referente internacional no estudo das células nai neurais, participen na última das actividades enmarcadas no SEBC como é un diálogo aberto ao público, que leva o título ‘Cando o cerebro envellece: retos e esperanzas’.
A sesión, a desenvolver o día 24 ás 18.30 horas no Centro Obra Social Abanca en Santiago (Praza de Cervantes s/n), abre unha nova edición dos 'Diálogos sobre lonxevidade e envellecemento' que organiza Afundación e que tentará dar resposta a preguntas como: Teremos cura para enfermidades como o alzhéimer e o párkinson? Por que algúns transtornos neurodexenerativos son máis comúns na vellez? Que é a xerociencia?.
A conversa entre as dúas científicas de prestixio internacional estará moderada polo doutor Manuel Collado, investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía, dependente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, e que dirixe o seu grupo de investigación no CIMUS da Universidade de Santiago.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos