A USC da a coñecer as novidades da investigación en biotecnoloxía para a saúde
O Cimus acolle este venres a xornada de presentación de resultados finais de PCBAS Galicia e Quimioteca Pública Española

Una investigadora en un laboratorio del Cimus de la Universidade de Santiago. / Jesús Prieto
L.R.
Os principais resultados de investigacións levadas a cabo en relación á biotecnoloxía para a saúde daranse a coñecer este venres no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus) da Universidade de Santiago. Galicia participa, xunto con outras seis comunidades autónomas, no Plan Complementario de Biotecnoloxía Aplicada á Saúde (PCBAS) do PERTE de Saúde de Vangarda. Ademais de executar actuacións nas seis liñas que integran o Plan, Galicia coordina a nivel estatal a liña 3 ‘Plataforma de cribado de fármacos e análises de interaccións fármaco-diana’.
Precisamente no marco desta liña 3, e en colaboración coa rede estratéxica ES-OPENSCREEN, impúlsase a Quimioteca Pública Española. Esta iniciativa, coordinada desde o Cimus da USC e a Fundación Kærtor, busca reunir e dar unha nova vida aos compostos químicos que foron desenvolvidos en universidades e centros de investigación para estudar as súas interaccións en ensaios biolóxico/farmacolóxicos, como punto de partida para o descubrimento de novos fármacos.
Tanto os resultados finais de PCBAS Galicia como a nova quimioteca presentaranse de 10.00 a 14.00 horas no Cimus, nunha xornada aberta a toda a comunidade científica que simultaneará formato presencial con virtual a través da plataforma Teams.
A inauguración do evento correrá a cargo da profesora da USC e directora do Cimus, Mabel Loza, que é á súa vez coordinadora científica para Galicia PCBAS, representante científica en España de EU-OPENSCREEN e coordinadora de ES-OPENSCREEN. Participarán tamén a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e a responsable de Infraestruturas Europeas de Investigación en Biomedicina, Marina López Pérez.
Será tamén a propia Mabel Loza quen explique os resultados finais de PCBAS Galicia. Pola súa banda, os detalles da quimioteca e a preparación dun caso práctico de envío desde a USC presentaranse nunha sesión na que participan o director de Relacións Público-Privadas da Fundación Kærtor, Antonio Gómez, a técnica superior de xestión da USC Susana Torrente, a investigadora principal da Facultade de Farmacia María Joao Matos e o investigador principal do grupo ComBioMed do CIQUS da USC Eddy Sotelo.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos