Santiago
Os bonos corazón esgótanse en menos de hora e media
O Concello de Santiago destinou a esta convocatoria 300.000 euros

A rúa Xeneral Pardiñas, unha das máis comerciais de Santiago / Antonio Hernández
Os bonos corazón, a iniciativa do Concello de Santiago para fomentar o consumo no comercio e na hostalería local, esgotáronse en menos de hora e media desde que quedara habilitada a súa descarga a través de internet. Raxoi destinou a esta convocatoria 300.000 euros, que se suman aos 300.000 que xa se repartiran na primeira convocatoria do mes de maio.
A concelleira de Promoción Económica, María Rozas, cualificou de «rotundo éxito» esta segunda convocatoria, que esgotou o orzamento dispoñible nun tempo récord. A tenenta de alcaldesa recordou que na primeira convocatoria dos bonos corazón deste ano, en maio, conseguíranse mobilizar máis dun millón de euros en vendas nos establecementos adheridos, «e a previsión é movernos en cifras similares nesta quenda, de maneira que pecharemos o ano con máis de dous millóns de euros mobilizados na hostalería e no comercio local cun investimento municipal de 600.000 euros».
Incentivo nunha época de menos vendas
Para a concelleira, estes datos «confirman que os bonos corazón son uha ferramenta moi útil para incentivar as compras, e máis no novo formato impulsado este ano de acordo co tecido comercial, con dúas convocatorias que coinciden en épocas de menos vendas para os establecementos».
Cada bono ten un valor de 50 euros, dos que o Concello achega 20 euros e a persoa solicitante os 30 restantes. O prazo para gastalos expira o próximo 15 de novembro.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos