Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

Muíños reclama beirarrúas en Ponte de San Lázaro de Abaixo e Agro dos Mozos

Os concelleiros non adscritos reuníronse coa veciñanza da zona para coñecer as súas demandas

Rosón, durante a xuntanza cos veciños da zona

Rosón, durante a xuntanza cos veciños da zona

Santiago

As concelleiras non adscritas reclaman a Raxoi que se actúe nas rúas Ponte de San Lázaro de Abaixo e Agro dos Mozos «para garantir a seguridade dos peóns e mellorar o mantemento do espazo público». Gonzalo Muíños pide que se acometa unha roza «urxente» da maleza que invade as cunetas e que se acometa unha reparación «en condicións» da calzada xa que, denuncia, «os rebacheos realizados nas últimas semanas non solucionaron nada».

Muíños, Mercedes Rosón e Mila Castro mantiveron un encontro coa veciñanza da zona que vén denunciando as altas velocidades ás que circulan por esa rúa vehículos que acceden a modo de atallo ao polígono de Costa Vella. «É preciso actuar xa que moitos condutores están empregando esta rúa como alternativa á SC-20 para acceder de San Marcos e San Lázaro ao polígono industrial a través do barrio de Amio», precisou o edil, que levará as súas propostas para a zona ao próximo pleno.

Tracking Pixel Contents