Santiago
O Obradoiro convértese en centro de reanimación cardiopulmonar
Sanidade levou a cabo un adestramento masivo para desenvolver esta técnica no que recibiron formación preto de 200 persoas

Caamaño, Sanmartín e membros da corporación de Santiago asistiron aos exercicios / Cedida
A Praza do Obradoiro converteuse este mércores nun centro de adestramento en técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) con motivo da conmemoración do Día Mundial da Parada Cardíaca. A iniciaitva, promovida pola Consellería de Sanidade, contou con 15 monitores en soporte vital básico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, mediante o emprego de bonecos de simulación, ensinaron técnicas de reanimación a persoal de Protección Civil, Policía Local e estudantes do grado medio de Formación Profesional en Técnico en Emerxencias Sanitarias (TES) do IES Lamas de Abade de Santiago.
A formación fíxose extensiva a todos os transeúntes que quixeron aprender as manobras de soporte vital básico e RCP. Así, formouse a preto de 200 persoas durante as dúas horas en que se desenvolveu esta acción formativa.
Coa realización deste tipo de adestramentos preténdese dar a coñecer como actuar no caso de ser testemuña dunha situación na que unha persoa sufra unha parada cardiorrespiratoria, co obxectivo de poder reaccionar con rapidez e, deste xeito, minimizar os seus posibles efectos e aumentar as posibilidades de supervivencia.
780 mortes súbitas ao ano
Na comunidade galega as enfermidades cardiovasculares constitúen un dos problemas de saúde máis importantes, rexistrando unha media de 780 mortes súbitas ao ano. Galicia conta, segundo datos de Sanidade, con 3.464 desfribriladores semiautomáticos.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e membros da corporación compostelá asistiron ao desenvolvemento do adestramento.
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Santiago elige estos dos días como sus festivos locales en 2026
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos
- Conciertos de noviembre en Santiago