32 Aniversario de Área Central
Os negocios que debes coñecer de Área Central

Interior do centro comercial Área Central.
Área Central chega este mes de outubro a seu 32 aniversario. Neste centro comercial atópanse diferentes empresas relacionadas a diferentes sectores que poñen por diante de todo a proximidade e a cercanía cos clientes.
Os Pequerrechos
Unha delas é a gardería Os Pequerrechos, cuxa boa traxectoria derivou en que por hoxe sexa líder no ámbito da Educación Infantil na Coruña e España. Con máis de 18 escolas infantís para nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos en todo o país, facilitan a conciliación das familias atendendo ás crianzas e ensinándolles as primeiras vivencias e aprendizaxes que marcarán a súa personalidade.
O seu cadro de persoal está formado por educadores profesionais e nos seus servizos de comedor ofrecen menús equilibrados e ricos que son supervisados e seleccionados por un nutricionista.
Meridiano Seguros
O centro comercial tamén alberga no seu interior unha das compañías especializadas en seguros de decesos máis importantes do territorio nacional, Meridiano Seguros.
Con 50 anos de experiencia ás costas, máis de 600.000 clientes e máis de 80 oficinas. Segundo destacan, a súa misión é «proporcionar ás persoas seguridade, confianza e tranquilidade a través de seguros de alta calidade ofrecidos por cualificados profesionais con vocación de servizo».
Sánchez-Goimil Procuradores
Por outra banda, no caso de precisar representación procesal, Sánchez-Goimil Procuradores é unha das opcións máis fiables para os clientes. Respaldados polos seus máis de 30 anos de traxectoria, ocúpanse dum amplio abano de cuestións, como subastas xudiciais, realización de actos de comunicación, tramitación de poderes notariais e xudiciais, e procedementos de desaufizamento e lanzamento, e demais.
En definitiva, encárganse de resolver conflitos con áxilidade, profesionalidade e proximidade tanto a particulares como a abogados.
Mónica Bermúdez Estilismo
Se o que buscas é un salón que ofreza as últimas tendencias en peluquería feminina, no establecemento Mónica Bermúdez Estilismo poderás encontrar isto e moito máis.
Neste espazo contan con toda unha gama de produtos ecolóxicos, entre eles tintes, que reducen a contaminación e non danan o cabelo. Entre os seus servizos de imaxe persoal e estética, hai cortes, peiteados e styling, coloración e mechas, tratamentos capilares, alisados, rizos, extensións, maquillaxe, noivas e asesoramento personalizado.
Lavandería autoservizo Caballo Blanco
En cambio, para aquelas persoas que as tarefas de lavar e secar a roupa suponlles un quebradeiro de cabeza, a lavandería autoservizo Caballo Blanco facilítalles as cousas. En primeiro lugar, aproveitándose do seu servizo os usuarios non terán por que mercar máis deterxente nin suavizante. Ademais, garanten que as condicións dos seus establecemento sexan o máis avanzadas posibles para todos, con aire acondicionado, conexión a Internet, cómodos asientos e revistas e periódicos nos seus locais.

32 Aniversario de Área Central
32 Aniversario de Área Central- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos