Santiago
Premian en Pontevedra unha iniciativa empresarial do Igfae
Os galardóns da Cámara de Comercio recoñeceron tamén outros tres traballos da USC

O equipo de Neutron Insights na gala do premio / Cedida
A spin-off Neutron Insights, nacida ao abeiro da investigación e innovación desenvolvidas no Igfae da USC, recibiu o recoñecemento do seu proxecto Cornea á mellor iniciativa empresarial no ámbito da innovación para o sector forestal, no marco do V Premio Cámara de Comercio-Ence, que se celebrou no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra. No acto foron recoñecidos outros tres traballos da USC.
O Proxecto Cornea (Cosmic Ray NEutrons for Agriculture) desenvolve un sistema de medida da humidade dos solos a través de raios cósmicos, o que ten un importante potencial en aplicacións agrícolas e forestais. Tal e como destaca o cofundador e CEO de Neutron Insights, Pablo Cabanelas, o proxecto “desenvolve unha solución orientada a mellorar a xestión integral da auga no sector agrícola e forestal a través dun sensor de neutróns cósmicos para a medición precisa e non invasiva da humidade e outros compoñentes do solo”.
Na súa intervención en Pontevedra, Cabanelas salientou que o sistema Cornea, actualmente nas súas fases finais de produción, constitúe un claro exemplo de como o coñecemento xerado durante anos no ámbito académico “pode e debe ser transferido ao tecido industrial e empresarial, xerando un importante retorno económico”. Así mesmo, puxo en valor a aposta da Cámara de Comercio e de ENCE por iniciativas como esta, que promoven a innovación e fomentan o espírito emprendedor.
Base no traballo previo do Igfae
A base sobre o que se asenta o ‘know-how’ de Neutron Insights é a experiencia en instrumentación en física nuclear e de partículas e as súas aplicacións, desenvolvidas nos últimos lustros nos laboratorios no Igfae. Partindo deste labor, a spin-off aborda retos para diversos sectores industriais, con tecnoloxías de inspección e ensaios non destrutivos de alta precisión en materiais, sistemas de detección temperá de focos de ignición (para incendios forestais, industriais ou de vixilancia de infraestruturas), ou no desenvolvemento de sensores de humidade dos solos en tempo real a partir da detección de neutróns cósmicos, como é o caso do proxecto Cornea.
Este novo premio súmase a outros recoñecementos acadados polo equipo de Neutron Insights, como o Premio GCiencia Galicia Spin-Off na categoría de Idea Emerxente ou a selección no programa da aceleradora ViaGalicia. Nos seus inicios, o proxecto recibiu tamén o apoio do programa Argos da USC, o que supuxo un importante pulo.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Rueda: 'A mellor opción e, probablemente a única', es una sola Facultad de Medicina descentralizada
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana