O PSOE de Santiago ve «insuficiente» a achega da Xunta pola capitalidade
Guinarte denuncia que a cantidade está aínda por debaixo da de 2009

O voceiro do grupo municipal socialista, Gumersindo Guinarte / Antonio Hernández / Antonio Hernández Rios
O voceiro do grupo municipal socialista en Santiago, Sindo Guinarte, cualificou de «claramente insuficiente» o incremento anunciado polo PP sobre a achega dos orzamentos da Xunta de Galicia para 2026 a Santiago en virtude da Lei do Estatuto de Capitalidade.
O goberno galego prevé aumentar en 400.000 euros a cantidade asignada, unha subida que, a xuízo de Guinarte, «non responde ás necesidades reais da capital galega nin ao que determinaron estudos académicos. É unha cantidade claramente insuficiente, eu diría incluso que é unha cantidade pírrica. Unha cantidade moi por debaixo do que os informes da Universidade de Santiago estableceron que era razoable».
Guinarte lembrou que a cifra proposta pola Xunta de Galicia «queda aínda por debaixo da cantidade que a Comunidade Autónoma achegaba a Compostela no ano 2009, precisamente cando a Xunta pasou a mans do Partido Popular. Despois de 15 anos», engade o edil do PSOE, a Administración autonómica propón achegar menos a Santiago. «Esta Xunta de Galicia do Partido Popular non respecta a capital de Galicia», concluíu o voceiro do grupo municipal socialista.
Tamén o venres se pronunciaba sobre os orzamentos autonómicos o deputado e secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, que acusaba á Xunta de amosar «desprezo absoluto» á cidadanía por «facer anuncios respecto aos orzamentos antes de presentalos diante dos representantes da cidadanía galega».
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos