Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PLANES

Axenda cultural: Que facer hoxe 20 de outubro en Santiago?

Cine comprometido, debate sobre os incendios, literatura e máis entre os plans deste luns en Compostela

Fotograma do documental 'This is Gaza', que abre este luns o Festival Amal

Fotograma do documental 'This is Gaza', que abre este luns o Festival Amal / cedida

Santiago

Arranca o festival Amal coa proxección de ‘This is Gaza’

PALESTINA . A Semana de Cine Euroárabe Amal 2025 dará comezo o hoxe ás 20.00 horas no Teatro Principal. Proxectarase o documental This is Gaza, producido por Channel 4 (canle de televisión pública británica en aberto), dirixido por Tom Besley e protagonizado polo cineasta e xornalista Yousef Hammash. Tras ver o filme, celebrarase un coloquio co propio Hammash e coa xornalista Olga Rodríguez. A asistencia é gratuíta, previa retirada de invitación en Ataquilla.com ou no despacho de billetes do Teatro Principal, unha hora antes da sesión.

O Consello da Cultura analiza a paisaxe forestal

DEBATE. O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará hoxe desde as 16.30h a xornada titulada ‘Expansión e homoxeneización do espazo forestal: receita para un desastre?’, un encontro que pretende promover un debate informado sobre como romper a continuidade da biomasa, reducir o risco de incendios e recuperar o valor económico, cultural e ecolóxico das paisaxes galegas.

Última semana de ‘Orixes’ tras recibir case 30.000 visitantes

CIDADE DA CULTURA. A experiencia inmersiva Orixes pecha as súas portas na Cidade da Cultura o vindeiro domingo 26 de outubro coas entradas practicamente esgotadas e tras recibir case 30.000 visitantes. A instalación, que combina creatividade e tecnoloxía, recrea unha viaxe a través da evolución da vida no planeta Terra, ao tempo que promove a conciencia medioambiental. Pode visitarse de martes a domingo no Museo Centro Gaiás de 10.15 a 14.15h e de 15.30 a 19.30h. Entradas por 5 euros en Ataquilla.

O Ateneo analiza o futuro dos combustibles

Da man do investigador Jacobo Porteiro (na imaxe),hoxe ás 19.30h, o Ateneo de Santiago acolle na Rúa do Vilar, 19, a conferencia titulada ‘Máis alá do petróleo: o futuro dos combustibles renovables’. Porteiro analizará os desafíos da transición enerxética no contexto global.

Presentación de Arturo Lezcano en Numax

A Libraría Numax acolle a presentación de O país invisible (Libros del K.O.) de Arturo Lezcano hoxe ás 19.00h. A obra céntrase nas experiencias da diáspora galega. O autor estará acompañado polo xornalista Luís Pardo. A entrada é libre ata completar aforo.

Cubertas en galego e castelán de 'O país invisible', de Arturo Lezcano

Cubertas en galego e castelán de 'O país invisible', de Arturo Lezcano / Cedida

Encontro con Bea Lema e obradoiro de bordado

A Biblioteca Ánxel Casal celebra ás 18.30h un encontro coa autora Bea Lema, que xirará arredor da súa novela gráfica O corpo de Cristo. Ademais, desenvolverase un obradoiro de bordado, un dos soportes que emprega Lema. A entrada é gratis e pode recollerse 30 minutos antes no mostrador.

Tracking Pixel Contents