Medio millón de 'compostelas': Jairo Forero, o peregrino 500.000
O arcebispo de Santiago e o presidente da Xunta reciben na Oficina do Peregrino a este camiñante colombiano

Llega a Compostela el peregrino 500.000 / Jesús Prieto

Nunha mañá chuviosa pero atípica na Oficina do Peregrino (na rúa Carretas), o arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda recibiron a Jairo Forero, o peregrino colombiano que acadou a 'compostela' número 500.000 logo de percorrer en seis etapas a a distancia que separa Baiona de Santiago.
A viaxe Jairo non a fixo a só, senón co apoio físico do seu fillo Nicolás e co ánimo espiritual que lle achega o recordo da súa muller Nora, finada por mor dun cancro o día de Nadal do 2024. "Siempre tuvimos el ánimo, el entusiasmo de algún día poder llegar a través de España a Europa, que mejor sitio que este que hemos escogido", explicaba Jairo á prensa para destacar que este tempo de tránsito polo Camiño de Santiago "nos ha parecido espectacular, a pesar de todos los esfuerzos que hicimos para homenajear a mi esposa", recalcou amosando unha imaxe de Nora que portaba no peito.
A Jairo e o seu fillo Nicolás, fixo referencia na súa intervención monseñor Prieto aludindo a que "como tantos peregrinos que emprenden con distintas motivaciones este camino, seguramente, van llevando a cabo esa transformación progresiva, que va haciendo que aquel que camina se vaya descubriendo como peregrino". Unha viaxe que para Francisco Prieto fai que "el que aquí llega, aunque con los pies seguramente cansados y la espalda quizás también por la mochila, sienta el gozo de cumplir una meta, una meta que aquí no finaliza".

Llega a Compostela el peregrino 500.000 / Jesús Prieto
Xacobeo 27
E tamén dun Camiño que non finaliza falou o presidente Alfonso Rueda, que veu na consecución do medio millón de compostelas entregadas "a mediados de octubre", un claro indicador do éxito que será o "Xacobeo 27". Sobre ese seguinte "reto" que está a preparar a administración autonómica en coordinación co arcebispado, o presidente asegurou que "queremos que venga mucha gente, le abrimos los brazos a todo el mundo, aquí no nos sobra absolutamente nadie, pero lo que queremos es que los que vengan tengan la experiencia que tuvieron Jairo y Nicolás, que suponga un antes y un después".
Alfonso Rueda referiuse ao Xacobeo de 2027 explicando que non é tan importante o número, coma a calidade "de cada peregrinación, de cada peregrino que llega hasta Santiago de Compostela".
Rueda fixo tamén referencia á viaxe de Jairo e Nicolás que "demuestran, una vez más, que el Camino es muchísimas cosas, es tradición, es espiritualidad, es religión, es un viaje hacia el interior, hacia los recuerdos y una experiencia única". O presidente da Xunta alabou tamén da Ruta Xacobea que é "una manera fantástica de conocer Galicia y de conocernos a los gallegos".
Dez minutos, 50 'compostelas'
A mañá deste luns foi atípica na Oficina do Peregrino, non só polo recoñecemento a Jairo Foreros e a súa compostela 500.000, tamén porque este evento mudou o horario habitual da oficina, que normalmente abre ás 9.30 horas.
A recepción do arcebispo de Santiago e do presidente da Xunta ao peregrino medio millón permitiu abrir as portas da oficina ás nove da mañá, e tan só dez minutos as pantallas que van marcado a cifra diaria de 'compostelas' entregadas xa superaba o medio cento.
Cincuenta 'compostelas' en apenas dez minutos de apertura da Oficina do Peregrino que foron dar a mans, maioritariamente, de xente de fóra de España, non só como foi o caso de Jairo e Nicolas, de persoas da outra beira o Atlántico, tamén como apuntou na súa intervención o presidente Alfonso Rueda doutros países de Europa e incluso Asia.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces