Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PP de Santiago reclama o asfaltado de varias rúas da zona de Amio

Consideran que se debe actuar para velar pola seguridade peonil

Pavimento deteriorado na contorna de Amio

Pavimento deteriorado na contorna de Amio / CEDIDA

Santiago

O edil do PP, Adrián Villa, solicitou esta fin de semana «que se leven a cabo as actuacións necesarias para arranxar o firme de diferentes rúas de Amio», no compostelán barrio de San Lázaro. «O goberno nacionalista ten abandonado este núcleo», denunciou Villa para engadir que «se pode observar unha clara falta de mantemento no firme das rúas do Cubelo, Porto do Medio, de Amio, de Seoane, do Fozán ou Agro dos Mozos, entre outras, todas elas contan con numerosas fochancas e desniveis».

Villa reclamou a construción de beirarrúas alí onde hai maior número de vivendas e, por tanto, de peóns, que se desprazan camiñando ou que, simplemente, acoden á parada do autobús urbano. Ao entender do edil nesas rúas «pódese executar esta actuación, porque, na actualidade, hai tramos intermitentes que se poderían conectar e é unha actuación necesaria que velaría pola seguridade dos peóns».

Na mesma liña, Villa fíxose eco da solicitude da veciñanza de que «os nacionalistas ordenen a colocación dos colectores do lixo, posto que moitos deles están en lugares que tapan a visión aos condutores e poden xerar atropelos». O concelleiro aproveitou a visita para trasladarlle ao BNG unha reclamación común para toda a cidade: un plan de asfaltado, «estamos ante unha cuestión preocupante, xa que se está a observar un deterioro importante nas estradas dos barrios e parroquias, por unha clara falta dunha «folla de ruta».

Tracking Pixel Contents