A USC anima ao estudantado a realizar prácticas no estranxeiro
Está aberto ata o 1 de novembro o prazo de solicitude da convocatoria Erasmus+Prácticas para os de grao e mestrado

Estudantes na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago. / Antonio Hernández
L.R.
O estudantado de grao e mestrado da Universidade de Santiago (USC) pode solicitar ata o vindeiro 1 de novembro a realización de prácticas dentro do programa Erasmus+. Estas mobilidades laborais poden realizarse en países membros da Unión Europea así como en terceiros países como Noruega, Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Turquía e Serbia.
Para acollerse ao programa Erasmus Prácticas, o estudantado debe buscar unha empresa ou entidade estranxeira na que realizar as súas prácticas. O período de mobilidade será dun mínimo de dous meses e dun máximo de seis, do que se financiarán ata un máximo de catro (agás para o estudantado con consideración de menos oportunidades, que recibirá financiamento para todo o período).
As estadías, que poderán realizarse ata o 31 de xullo de 2026, contan cunha axuda de entre 400 e 500 euros mensuais, dependendo do destino.
A aprendizaxe lingüística, unha das vantaxes do programa
Sobre as vantaxes deste programa, a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso, indica que «permite ao estudantado desfrutar dunha experiencia laboral no estranxeiro, entre outras vantaxes como a aprendizaxe lingüística e o desenvolvemento dos denominados `soft skills´, competencias alén do ámbito académico que fomentan o pensamento crítico, a capacidade analítica e o traballo en equipo».
O programa Erasmus + Prácticas fomenta habilidades que entroncan cos perfís de carácter transversal e versátil cada vez máis demandados polo tecido empresarial, que valora especialmente a capacidade de transformación e renovación dos seus cadros de persoal.
En definitiva, a convocatoria representa unha oportunidade para que o estudantado da USC amplíe a súa formación nun contexto internacional, adquirindo experiencia profesional nunha contorna laboral real.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Rueda: 'A mellor opción e, probablemente a única', es una sola Facultad de Medicina descentralizada
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana