A beca Nacho Mirás premia un proxecto divulgativo en TikTok e en Instagram dos 313 concellos galegos
Foi elaborado por Paula Pérez Cantelar, Xoel Rodríguez Poy e Iria Ramos Mesía, tres graduados da USC

A Bolsa Nacho Mirás para xornalistas noveis conta coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. / Antonio Hernández
L.R.
A décima edición da beca Nacho Mirás para xornalistas noveis recoñeceu o proxecto Trescentostrece, presentado por Paula Pérez Cantelar, Iria Ramos Mesía e Xoel Rodríguez Poy. Elas son graduadas en Xornalismo, no 2023 e no 2024 respectivamente, e Xoel en Xornalismo e Comunicación Audiovisual, o ano pasado. Esta Bolsa, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, conta coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. O xurado, formado por Ainhoa Apestegui, Isaac González, Darío Janeiro, Xosé López, Xosé Manuel Pereiro, Belén Regueira, Xoán Soler e Fernando Varela, destacou da proposta o emprego das redes para o desenvolvemento dun traballo divulgativo e amplo, «no que o rigor informativo convivirá co atractivo visual, e onde o ámbito rural terá protagonismo».
Trescentostrece é un proxecto divulgativo que busca percorrer os 313 concellos de Galicia para contar, dende cada un deles, a diversidade cultural, social e histórica do país. O formato tipo da proposta consistirá en vídeos en formato vertical, cun enfoque explicativo e de arredor dun minuto de duración en TikTok e en Instagram, xunto con stories en ámbas as dúas plataformas. A intención é achegar á cidadanía –especialmente á xente nova– historias que non sempre ocupan espazo nos medios tradicionais. Cada vídeo terá unha narrativa clara, cun ton próximo, divulgativo e visualmente atractivo, pero sen renunciar a unha mirada rigorosa e á verificación da información. Os principais contidos, os audiovisuais, publicaranse cunha periodicidade de tres vídeos semanais, arredor de cuestións como historias humanas; patrimonio material e inmaterial; curiosidades, historia e datos descoñecidos de cada concello; e retos locais. A isto sumaranse contidos de carácter máis secundario, como ser infografías ou stories, que apoiarán os vídeos principais.
Os premiados en anteriores edicións
A bolsa leva o nome do xornalista, colexiado do CPXG e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Nacho Mirás, que sempre defendeu a valía dos xornalistas noveis, o espírito de facerse valer, de formase o máximo posible e defender así o posto de informador, de xornalista. Esta bolsa pretende ser un pequeno empuxe para eles e elas, para que atopen o seu camiño profesional. Nas edicións anteriores, foron galardoados coa bolsa os proxectos MediaMapa.Gal e Punto e volta (2016), Feira (2017), Pícaros.gal (2018), Entrelinguas (2019), éDeporte (2020), A Cousa e Zoom na Bagatela (2021), Notas á marxe (2022), Quen son elas? (2023), e A Vozes, cultura zeta e (Des)facendo Galicia (2024).
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos