Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O estudantado da USC debate sobre a participación universitaria e a saúde mental

Este mércores celébrase en Santiago a terceira edición das Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria organizada polo Consello do Estudantado

Estudantes da Universidade de Santiago na terceira edición das Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria.

Estudantes da Universidade de Santiago na terceira edición das Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria. / Santi Alvite

L.R.

Santiago

Santiago celebra este mércores a terceira edición das Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria, unha actividade que organiza o Consello do Estudantado da Universidade de Santiago para facilitar a integración e formación como parte activa da vida na universidade. No campus de Lugo esa sesión celebrouse o pasado martes 14 de outubro.

O programa dos dous días está integrado por charlas, obradoiros prácticos, formacións e dinámicas participativas arredor de temas clave como os dereitos do estudantado, a participación universitaria, a saúde mental, os primeiros auxilios, a carreira investigadora, as habilidades comunicativas, os recursos para o estudo e moitos outros contidos de interese. Ademais, cóntase coa colaboración de diversas asociacións universitarias.

Membros do Consello do Estudantado da USC durante as Xornadas de Convivencia.

Membros do Consello do Estudantado da USC durante as Xornadas de Convivencia. / Santi Alvite

A xornada compostelá comezou cunha dinámica de grupo no salón de actos de Ciencias Políticas e Sociais para logo estenderse por diferentes centros do campus universitario.

As xornadas están especialmente pensadas para persoas de primeiro e segundo curso, pero están abertas a todo o estudantado da USC, xa que os contidos e actividades «poden resultar proveitosos para calquera persoa interesada en coñecer mellor a Universidade».

Tracking Pixel Contents