A alcaldesa recibe á ministra Rego, que louva que Santiago poña as «políticas de mocidade no centro»
A ministra de Xuventude e Infancia compromete unha colaboración nos orzamentos xerais do Estado destinada á Factoría Moza que o goberno local planifica para a estrutura abandonada de Salgueiriños

Pedro Blanco, Sira Rego, Goretti Sanmartín, María Rozas e Rubén Pérez na Praza do Obradoiro. / Antonio Hernández

A ministra de Xuventude e Infancia, Sira Rego, visitou na tarde deste mércores o Pazo de Raxoi, onde mantivo unha xuntanza coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcaldesa María Rozas. Unha reunión na que estiveron acompañadas polo delegado do Goberno, Pedro Blanco, e polo secretario de Estado de Xuventude, Rubén Pérez, e na que se trataron as políticas de mocidade do Concello de Santiago.
Rego puxo en valor «el trabajo que se hace desde el municipalismo para construir políticas públicas de país», destacando que «las experiencias máis valiosas que tenemos están sucediendo en municipios». Un destes concellos é o de Compostela do que a ministra louvou as políticas de mocidade pois «tenemos constancia de que se están haciendo cosas diferentes, absolutamente necesarias». Unha valoración que agradeceu a concelleira de Xuventude, «polo interese mostrado no traballo que vimos desenvolvendo no Concello de Santiago en materia de mocidade e é para nós moi importante o apoio do ministerio, que sitúa as políticas públicas de infancia e mocidade no centro da axenda pública».
E precisamente en colaboración con este tipo de políticas que «ponen a la juventud en el centro» Sira Rego anunciou a implicación do seu grupo político –Sumar– para incluír nas negociacións dos orzamentos xerais do Estado unha partida de colaboración coa Factoría Moza, o proxecto do departamento que dirixe a edil María Rozas para recuperar a estrutura abandonada de Salgueiriños, inicialmente pensada para albergar o parque de bombeiros. «Es una mirada de como tienen que ser los espacios juveniles», asegurou Rego, «un buen proyecto piloto de cómo poner en marcha centros juveniles con una perspectiva no sólo de futuro, sino de presente».
Á Factoría Moza referiuse tamén a edil de Xuventude para destacar que se vai tratar dun «edificio que nós concibimos como unha ferramenta para colocar Compostela na vangarda das políticas públicas dirixidas á mocidade, non é o edificio, o equipamento en si, o fin, iso non é o importante, o importante é o contido». Rozas asegurou que a intención do goberno local con este proxecto é que o edificio se converta «nun espazo de referencia da xuventude de Santiago, porque a cidade ten no seu ADN a mocidade», asegurou.
Rozas fixo referencia ao tipo de actividades que se están a idear para esa Factoría Moza que van dende iniciativas vinculadas coa cultura, coa música ou coa formación, pero tamén «coa saúde mental, co emprendemento». «Un equipamento completo e innovador que non existe, polo menos neste nivel, no Estado español».
Centro Xove da Almáciga
Logo da xuntanza e de asinar no Libro de Honra da cidade, a ministra Rego visitou o Centro Xove da Almáciga. Un proxecto pensado para as bandas de música locais que tamén gabou por tratarse dunha iniciativa activa «que permita que la juventud participe, decida, construya a todos los niveles: de cultura, de ocio, de participación política». «Lo que está pasando en Santiago es muy interesante para el ministerio, muy valioso».
Acollida e asilo
A preguntas dos medios a ministra de Infancia falou dos menores que están pendentes de acollida en Galicia. Por un lado os menores migrantes destacando o compromiso de partidas orzamentarias «vinculadas a cada uno de los territorios» e que o proceso se está a levar a cabo «poco a poco, de manera sensata y equilibrada, para no saturar ningún sistema de acogida y dar tiempo de adaptación».
Rego tamén se referiu aos menores que son solicitantes de asilo, que por esta condición «tienen que tener una serie de protecciones garantizadas». E en relación con este asunto non perdeu a ocasión de valorar os orzamentos que vén de aprobar a Xunta, un presuposto de 14.300 millóns de euros. «Rueda ha dicho que le cuesta 30 millones sostener el sistema de acogida, y quiero recordar que los regalos fiscales suponen dejar de ingresar 800 millones de euros aquí en Galicia, creo que un esfuerzo fiscal para los más ricos nos daría la solución para la suficiencia financiera, no sólo para el sistema de acogida, que es un servicio público y garantía de un derecho de la infancia», defendeu.
Contra a violencia de xénero dende a infancia
Na súa intervención inicial a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, explicou que durante a xuntanza coa ministra de Xuventude e Infancia tamén se abordou o problema da violencia de xénero, lembrando ademais a reunión da Mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero.
«Falabamos onte mesmo –en referencia a este martes–desa preocupación de que as rapazas máis novas non acudan de maneira tan clara ao Centro de Información ás Mulleres (CIM)», explicaba a rexedora para trasladar «a necesidade de difundir» os recursos do CIM «para que os que coñezan e poidan abordar esa violencia», que se produce «sobre todo contra as adolescentes, ás que dende idades moi temperás lles chega esa violencia a través das redes sociais, violencia psicolóxica e tamén violencia física».
Nesta liña, a ministra de Xuventude e Infancia, Sira Rego, deu conta tamén do traballo que se está a levar a cabo dende o departamento que dirixe no goberno central e que puxo en común coa alcaldesa de Santiago e coa tenenta de alcaldesa. «Pusimos en su conocimiento el trabajo que estamos haciendo en materia de erradicación de la violencia contra la infancia».
Neste sentido dende o ministerio que dirixe Sira Rego, «trabajamos en la ampliación de la Ley de protección de la infancia, que pretendemos que se materialice en el Consejo de ministros del 18 de noviembre, un trabajo que estamos haciendo con determinación», asegurou .
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Rueda: 'A mellor opción e, probablemente a única', es una sola Facultad de Medicina descentralizada
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana