Raxoi apoia a modernización da hostalería de Santiago cun plan formativo
Centrado en seguridade alimentaria e facturación electrónica, é de balde e o prazo de inscrición está aberto ata o 7 de novembro

Eduardo Troncoso, María Rozas e Lois Lopes en rolda de prensa no Concello de Santiago. / Cedida
Redacción
«Contribuir a fortalecer a competitividade e a calidade das pemes e as microempresas da hostalería, un sector que é fundamental para a economía de Santiago e que conta con case 1.300 persoas asalariadas», ese é o obxectivo dun plan de formación en seguridade alimentaria e facturación electrónica dirixido ao sector hostaleira, segundo asegurou onte a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas.
Nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo presidente da asociación Hostalaria.gal, Lois Lopes, e por Eduardo Troncoso, representante da empresa encargada da formación e experto en seguridade alimentaria, explicouse que o programa centrarase en tres cuestións claves, xa que houbo modificacións lexislativas recentemente. En concreto, profundará na adaptación ao regulamento Verifactu, na mellora da calidade e seguridade alimentaria mediante a implantación do sistema de Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico (APCC), e na adaptación á Lei 1/2025 de prevención das perdas e desperdicio alimentario.
Horarios flexibles adaptados ao sector
O presidente de Hostalaria.gal, Lois Lopes, salientou que «a formación estará perfectamente adaptada para a hostalería, tanto nos contidos como mesmo nas xornadas e horarios elixidos para impartila tendo en conta as necesidades específicas do sector e co obxectivo de que sexa accesible para as persoas responsables e encargadas dos establecementos, pero tamén para as persoas traballadoras». Tamén puxo en valor que «este plan dalle continuidade a outras colaboracións que xa mantivemos co Concello, como a campaña por unha hostalería sustentable, impulsada polo departamento de Turismo».
Facturación electrónica
O Regulamento Verifactu, aprobado no Real Decreto 1007/2023, do 5 de decembro, introduciu a obrigatoriedade da facturación electrónica para todas as empresas. No mes de xullo rematou o prazo límite para aplicar este cambio, que transforma a xestión documental e financeira das empresas e resulta especialmente complexo no caso das pemes e das microempresas.
A través deste plan, a concellaría ofrecerá formación especializada de maneira presencial.
Asesoramento individualizado
As outras liñas de formación están relacionadas coa calidade e a seguridade alimentaria. O plan prevé un asesoramento individualizado adaptado a cada establecemento e ofrecendo solucións personalizadas. A formación realizarase ao longo de varias semanas, visitando cada local.
Eduardo Troncoso apuntou que «é moi importante concienciar ao sector en materia de desperdicio alimentario, tanto por unha cuestión de sostibilidade ambiental como de economía dos propios negocios».
Todas as actividades do plan de formación son de balde, e o prazo de inscrición está aberto ata o 7 de novembro.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos