Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

César acusa a Marta Abal de mentir, xa que o superávit só pode ir a pagar débeda bancaria

O edil de Facenda lembra que estanse executando obras por valor de 12,5 millóns de euros e hai programadas por 5 máis

Manuel César Vila, concelleiro de Facenda do Concello de Santiago.

Manuel César Vila, concelleiro de Facenda do Concello de Santiago.

K.M.

Santiago

Contundente e calificando as declaracións da socialista Marta Abal como de «mentira» ou «cinismo político», así amosouse o concelleiro de Facenda, Manuel César, na súa conta de Instagram, ante as afirmacións realizadas pola edil, nas que aseguraba que «a normativa permite destinar este crédito a investimento financeiramente sostible», en referencia a amortización por parte do Concello de preto de catro millóns de débeda con remanente de 2024.

No seu perfil da devandita rede social, Manuel César di que a exresponsable de Facenda no mandato anterior «non pode alegar descoñecemento de que existen regras fiscais, aprobadas polo Goberno do seu partido no Estado, segundo as cales non se pode empregar o superávit para novos investimentos e que é obrigado dedicalos a pagar débeda bancaria».

Regras fiscais suspendidas entre 2020 e 2023 polos efectos da pandemia

Lémbralle que de 2020 a 2023 as regras fiscais estiveron suspendidas pola pandemia, algo que ela «puido aproveitar, mais neste momento volven estar activas».

Recoméndalle que se actualice e lea a información do Ministerio de Facenda e incide en que estanse executando en Santiago obras que supoñen uns 12,5 millóns de euros.

Engade que «están xa programadas outras que superan os 5 millóns», e que ademais están xa pechados acordos que dotan de recursos actuacións «para reverter o déficit de servizos de abastecemento e saneamento ou reparar infraestruturas deportivas (+ 3,5 millóns no protocolo do CHUS para o ciclo da auga ou 850.000 da Deputación para o Vero Boquete)».

Sinala por último que «captamos 8,7 millóns de fondos Next co proxecto de transformación da zona noroeste da cidade».

Tracking Pixel Contents