Santiago
Muíños propón unha revisión do estado e conservación de todos os muros de Santiago
A petición chega logo de recibir denuncias sobre un "abombamento" nun muro da rúa de Belvís

Muro da rúa de Belvís, en Santiago, onde Muíños asegura que se detectou un "abombamento" / Cedida
Ante a chegada do mal tempo, o edil non adscrito Gonzalo Muíños propón realizar unha revisión do estado e conservación de todos os muros da cidade para detectar "se algún deses levantamentos está nunha situación precaria ou de risco para os peóns".
A petición chega logo de recibir varias denuncias de persoas que transitan pola rúa de Belvís que, segundo Muíños, terían detectado certo "abombamento" dun dos muros que afectaría ao convento. "Estamos falando dunha contorna escolar de paso habitual de familias que recollen e deixan as súas crianzas no centro situado nas proximidades do edificio, polo que cómpre dar seguridade", apunta Muíños que, aínda admitindo que se trata dun muro privado, "é preciso actuar desde a administración local para garantir a seguridade dos viandantes".
"Inspección a fondo"
Muíños reclama que se acometa unha "inspección a fondo" dos muros, "analizar as posibles patoloxías e buscar as solucións máis adecuadas" cun estudo que viría a actualizar a análise realizada no 2021 durante o goberno de Sánchez Bugallo. A partir deses datos, o concelleiro non adscrito propón elaborar un plan de mantemento que permita prever cales van ser os problemas e atopar a mellor forma de facerlles fronte "mediante unha labor continua".
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Rueda: 'A mellor opción e, probablemente a única', es una sola Facultad de Medicina descentralizada
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana