Santiago
Raxoi promove un programa pioneiro de mobilidade para estudantes de FP
O obxectivo é favorecer que o alumnado complete a súa preparación noutros países europeos

Rozas, na xuntanza cos equipos directivos dos centros educativos de Santiago / Cedida
A edil de Xuventude de Santiago, María Rozas, presentou onte un programa pioneiro de mobilidade académica, no marco do proxecto Erasmus+, dirixido a estudantes de Formación Profesional de Santiago. O obxectivo é favorecer que o alumnado complete a súa preparación noutros países europeos, a través das prácticas obrigatorias dos ciclos ou de prácticas profesionais unha vez finalizados os estudos.
O departamento de Xuventude estálle a presentar o proxecto ás directivas dos IES, co obxectivo de avanzar cara a integración dos centros nun Consorcio, no que o departamento de Mocidade actuaría como coordinador, "de maneira qu os centros quedarían liberados dun importante traballo que terían que facer para obter as acreditacións para que o seu alumnado poida participar nestes programas de mobilidade", indicou Rozas. Ese Consorcio será o que elabore unha proposta para acceder ao financiamento para o programa, unha vez se recollan as demandas e as necesidades específicas de cada centro interesado.
Orzamentos participativos
A concelleira de Xuventude deu conta tamén do inicio dun novo proceso dos Orzamentos Participativos, "que seguimos reivindicando como unha ferramenta fundamental para fomentar a participación dos mozos e mozas na vida pública e nas decisións que lles afectan". Un ano máis, os mozos e mozas poderán decidir o destino de 100.000 euros do orzamento. Ata o mes de xaneiro haberá talleres nos centros para elaborar propostas.
Por último, na reunión cos equipos directivos dos IES traballouse na proposta para a convocatoria do Consello Municipal de Mocidade. Tras actualizar o regulamento, está previsto que se reúna en canto estean seleccionados os representantes do alumnado dos centros educativos.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Rueda: 'A mellor opción e, probablemente a única', es una sola Facultad de Medicina descentralizada
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana