Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

Sanmartín chama a deixar atrás o curtopracismo

A alcaldesa defende a axenda urbana como oportunidade para planificar a Compostela da próxima década

Sanmartín (centro), no foro urbano celebrado na Coruña

Sanmartín (centro), no foro urbano celebrado na Coruña / Cedida

Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou nun foro urbano do Ministerio de Vivenda na Coruña, no que defendeu a axenda urbana como unha oportunidade para planificar a Compostela dos próximos dez anos. A rexedora sinalou que "a axenda urbana ten unha importancia especial á hora de deixar atrás axendas curtopracistas e planificar cidades e concellos no medio prazo, con proxectos que superen un único mandato e, no noso caso, que transformen Compostela a dez anos vista".

A rexedora compostelá fixo un repaso polas principais iniciativas estratéxicas que se están levando a cabo desde o Goberno municipal poñendo o foco en que no seu conxunto o que perseguen é "desestresar a cidade, facela máis habitable e que primen a forma de relacionarse entre as persoas e de relacionarse co territorio". Neste sentido, explicou que esa "forma de relacionarse" implica as formas de mobilidade branda, a forma de producir, de consumir ou de educar. 

Proxectos en marcha

No seu relatorio, mencionou proxectos como o da plataforma loxística de distribución de mercadorías, ou o concurso de ideas para o conector central de cara a repensar o deseño urbano do principal eixo do centro da cidade. Tamén mencionou as medidas para conservar o comercio de proximidade e as políticas de vivenda.

Ademais, expuxo como exemplo de boas prácticas as fórmulas que ten activas o Concello para promover a participación social, como son os consellos municipais, os orzamentos participativos para a mocidade, o Consello Económico e Social ou o Foro de Turismo Sustentable, cuxo regulamento se está ultimando actualmente.

Tracking Pixel Contents