A USC organiza unha xornada para conversar sobre a detección e prevención do cancro
A sesión desenvolverase o 30 de outubro, ás 19.00 horas, na Facultad de Medicina

Alumnado de Odontoloxía da USC nunha campaña de cancro oral no Obradoiro. / Jesús Prieto
L.R.
A identificación de factores de risco do cancro e o impacto psicolóxico nas persoas pacientes. Son cuestións que se abordarán a vindeira semana nun coloquio na Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago baixo o título 'Falemos o Cancro'. Este foro, organizado pola Cátedra de Vida Saudable, en colaboración coa Rede de Universidades Promotoras de Saúde, desenvolverase o xoves 30 de outubro ás 19.00 horas na Aula Castelao. A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade do espazo. Poderá asistir tanto membros da comunidade universitaria como público en xeral interesado en coñecer, aprender e falar sobre o cancro.
O profesor Alberto Ruano centrará a súa intervención nos factores que aumentan o risco de cancro. Pola súa parte, Carmen Durán abordará os recursos para a detección precoz do cancro en Galicia; mentres que Teresa Curiel pronunciará o relatorio 'Como tratamos o cancro nun servizo de Oncoloxía?'. A seguir, será a quenda de Manuel Portela cunha intervención titulada 'Cal é o papel de Atención Primaria na detección e o tratamento do cancro?'. A xornada contará tamén coa participación de Patricia Baños que profundará no impacto emocional que ten o proceso oncolóxico no paciente.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos