Dano Cerebral celebra ‘30 anos construíndo dignidade’
Usuarios da asociación compostelá conmemoran mañá o día desta doenza, para a que piden un código diagnóstico á alta hospitalaria

Usuarios e membros de Dano Cerebral Santiago no acto reivindicativo do pasado ano no Obradoiro. / Antonio Hernández
K. Martínez
A asociación Dano Cerebral Santiago conmemora este domingo o día desta doenza cun encontro no hotel Oca Puerta del Camino, ao que están convidadas todas as pesoas e familias con dano cerebral adquirido da entidade, así como voluntarios e colaboradores, e no que se dará lectura ao manifesto 30 anos construíndo dignidade, posto que este 2025 cúmprense tres décadas da federación Dano Cerebral Estatal que agrupa a todo o movemento asociativo en España, e ao longo das cales as persoas afectadas e as súas familias foron creando espazos de apoio, comprensión e defensa dos seus dereitos.
O encontro de Santiago, que comezará ás 11:00 horas da mañá, contará con música en directo para, ás 12:00 do mediodía, ler un manifesto que este ano centra as súas reivindicacións na necesidade de contar cun código diagnóstico á alta hospitalaria, xa que as persoas que sofren un ictus, un traumatismo craneoencefálico ou un tumor cerebral, e teñen secuelas non son identificadas con ese dano cerebral adquirido.
Dificultade no acceso aos recursos
Algo que, segundo inciden desde Dano Cerebral Galicia, complica o acceso aos recursos de atención máis axeitados a esta discapacidade.
Volvendo á asociación compostelá, a entidade lembra que a conmemoración se leva a cabo desde 2007, cando o Consello de Ministros oficializou o 26 de outubro como data para dar visibilidade ao colectivo de personas con esta discapacidade.
Dano Cerebral Santiago conmemorará tamén o Día Mundial do Ictus, que ten lugar o 29 de outubro, e no que se dá visibilidade á enfermidade que é a primeira causa de dano cerebral. De feito, case o 85% dos casos de dano cerebral adquirido son debidos a un ictus, moi por diante dos traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais ou infeccións.
O ictus, primeira causa de discapacidade
O ictus representa actualmente a primeira causa de discapacidade en forma de dano cerebral, a primeira de falecemento en mulleres, e se calcula que cada ano en España 24.000 persoas perden a vida e máis de 34.000 desenvolven unha discapacidade por esta patoloxía, aínda que menos da metade da poboación recoñecería os síntomas dun ictus.
Por iso, e para dar visibilidade a esta enfermidade, a asociación estará o mércores nos hospitais e nalgúns centros da área sanitaria compostelá con puntos de información. Serán o Clínico de Santiago, o Hospital do Barbanza, e os centros de saúde de A Estrada, Lalín, Arzúa, Mazaricos e Rianxo.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Santiago elige estos dos días como sus festivos locales en 2026
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos