A veciñanza de Santiago coñece os avances do Plan especial do Camiño francés
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu este venres 24 de outubro, un encontro na parroquia da Sabugueira onde se explicaron modificacións na redacción do documento

Veciñanza de Santiago no encontro celebrado este venres na parroquia de Sabugueira para coñecer información sobre o futuro Plan especial do Camiño francés. / Concello de Santiago
ECG
Ducias de veciños e veciñas de Santiago asistiron a un encontro convocado polo Concello na Sabugueira para dar conta dos avances na redacción do Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño francés de Santiago. A delegación institucional estivo presidida pola propia alcaldesa, Goretti Sanmartín, xunto con tres membros do goberno cuxas áreas están implicadas: o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, a concelleira de Medio Rural, Pilar Lueiro, e o concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez. Pola parte técnica, desprazáronse ata esta parroquia compostelá a directora de área de Urbanismo, Ana Prieto, a xefa de sección de Xestión Urbanística, Pilar Rubín, e a arquitecta do Consorcio que dirixe a redacción do documento, Lourdes Pérez.
Na asemblea aberta a toda a veciñanza, que tivo lugar o venres 24, deuse conta dos avances no plan especial director, un documento que foi aprobado inicialmente no ano 2022. Despois dun amplo proceso de diálogo coa veciñanza, e tras escoitar as súas demandas, o documento incorpora unha serie de modificacións que foron explicadas neste encontro e que teñen como obxectivo compatibilizar a protección do patrimonio cultural coas necesidades das persoas que viven na zona.
O goberno tamén informou das actuacións que se puxeron en marcha e as que están previstas na parroquia e, como é habitual en todos os encontros coas entidades e veciñanza, recolléronse as demandas das asistentes co obxectivo de seguir mellorando a calidade de vida e dos servizos das persoas que habitan o rural compostelán.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Rueda: 'A mellor opción e, probablemente a única', es una sola Facultad de Medicina descentralizada
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana