Verea, ante o aumento da inseguridade en Santiago: «O meu goberno contará con máis presenza policial nas rúas»
O popular Verea mantivo unha reunión no Parlamento con representantes das asociacións de veciños Raigame e Fonseca, e Fegacústica, para abordar o aumento da inseguridade na cidade

Borja Verea durante a reunión no Parlamento de Galicia onde se abordou a inseguridade na rúa dos veciños e veciñas de Santiago. / Cedida
L.R.
Co obxectivo de «evitar o aumento da inseguridade», o líder do PP de Santiago, Borja Verea, insiste en que o seu goberno «porá en marcha as medidas necesarias para que Santiago conte con máis presenza policial nas súas rúas». Ao respecto asegura que «levamos máis de dous anos advertindo do incremento de problemas que perturban a normal convivencia na cidade, pero o goberno do BNG e CA sempre dá a mesma resposta, dicindo que non é certo que existan estes problemas e acusándonos de alarmistas».
Verea mostrouse sorprendido polas últimas declaracións de Goretti Sanmartín, nas que aseguraba que «moita policía crea alarma entre a veciñanza», cando «nós levamos tempo insistindo en que hai que incrementar a presencia policial e vixilancia na cidade, ademais de aumentar efectivos e mellorar e instalar cámaras de vídeo vixilancia que graven, como fan outras cidades, e de modernizar e mellorar a iluminación», engadiu.
Esta situación foi abordada nunha reunión no Parlamento de Galicia, onde analizaron tamén o aumento do ruído nas rúas compostelás, sobre todo, pola noite. Entre os asistentes atopábanse Roberto Almuiña, da Asociación de Veciños de Fonseca; Patricia Quintás, de Raigame; e un representante de Fegacústica; e polo Grupo Parlamentario Popular, acompañando a Verea, estaban as tamén deputadas Katherinie Varela e Felisa Rodríguez.
Verea subliñou que «tal e como nos trasladan, cada vez son máis as situacións complicadas que alteran a convivencia e xeran alarma entre veciñas e veciños», xa que se producen altercados na vía pública; increpacións a veciños; acampadas na rúa de persoas sen fogar, que pernoctan baixo os soportais; narcopisos e «menudeo» de estupefacientes, unha cuestión que lles preocupa especialmente e que, segundo aseguran, «tamén se produce a plena luz do día»
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos