Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

En febreiro volve o Santiago (é)Tapas, para o que se abre agora a inscrición

O Concello solicita unha subvención de 12.500 euros á Deputación Provincial da Coruña para destinar a Escola de Música de Compostela

Membros da Corporación local catando unha das tapas concursantes na edición 2024 do Santiago (é)Tapas

Membros da Corporación local catando unha das tapas concursantes na edición 2024 do Santiago (é)Tapas / Antonio Hernández

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

A edil Míriam Louzaou comunicou na súa comparecencia para dar conta dos acordos da xunta de goberno local que xa está aberto o prazo de adhesión dos locais de hostalaría para participar na vindeira edición do Santiago (é)Tapas. A XVII edición vai ter lugar no mes de febreiro e vai decorrer entre o 19 dese mes e o 8 de marzo.

A concelleira explicou que desta volta se actualizan as bases do certame para «facer eses cambios que consideramos precisos para seguir mellorando». Segundo indicou Louzao «as novidades afectan ás categorías do concurso que se van dividir en tres: tradicional, creativa e doce».

Ademais, o certame de 2026 incorpora cinco premios adicionais, tres deles xa se teñen outorgado: «Mellor tapa mariñada con cervexa, mellor tapa mariñada con viño e mellor tapa sen glute». E engádense os galardóns a mellor tapa vexetariana ou vegana e o de mellor ingrediente destacado con Denominación de Orixe (DO) ou IXP (Indicación Xeográfica Protexida).

A presentación oficial das bases será o 25 de novembro.

Axuda á escola de música

A xunta de goberno local tamén aprobou cursar unha solicitude á Deputación Provincial da Coruña dunha subvención de 12.500 euros que se van a destinar a melloras na Escola Municipal de Música de Compostela.

Tracking Pixel Contents