'Reinventio': O gran espectáculo galego que fusiona maxia, danza e circo nunha historia sobre a ilusión
Este evento de Thinking Up Events nace para "explorar o que queda cando se perde a ilusión e o que renace cando se recupera"
A súa xira por Galicia inclúe sete cidades e nove funcións
Chega ao Auditorio de Galicia (Santiago) o 17 de xaneiro

'Reinventio' colle o bastón do popular espectáculo 'Inventio' / Ismael Miján
Hai historias que non se contan con palabras, senón coa luz, o corpo e o movemento. Reinventio pertence a esa categoría: un espectáculo galego de gran formato que conxuga maxia, danza e artes circenses para transformar a ilusión nun relato visual e emocional. Tras o éxito de Inventio, esta nova produción de Thinking Up Events, presentada este martes na capital galega, propón unha viaxe escénica que explora o que queda cando se perde a ilusión e o que renace cando se recupera.
No acto anunciaron una xira por Galicia con nove funcións en sete cidades, un calendario que reflicte a ambición e a escala do proxecto. O espectáculo estrearase o 12 e 13 de decembro no Teatro Jofre de Ferrol, e nas semanas seguintes percorrerá os principais escenarios do país: Vigo (14 de decembro, Teatro Afundación), Ourense (20 de decembro, Auditorio Municipal), Pontevedra (26 de decembro, Teatro Afundación), Lugo (27 de decembro, Auditorio Fuxan os Ventos), A Coruña (3 e 4 de xaneiro, Teatro Colón) e, finalmente, Santiago de Compostela (17 de xaneiro, Auditorio de Galicia).

A compañía Druida Danza encárgase da coreografía. / Vanessa Rábado
A través dun relato que combina números de ilusionismo, acrobacias imposibles, malabares, equilibrios sobre bastóns, danza contemporánea e números aéreos —nos que destaca o uso dunha técnica de suspensión capilar—, a función convida ao público a unha experiencia visual e sensorial que fala de vulnerabilidade, esperanza e redescubrimento.
Conexión co Camiño de Santiago
A coreografía corre a cargo de Mercedes Suárez e da compañía Druida Danza, que fusionan elementos de danza clásica e contemporánea nunha linguaxe visual e rítmica próxima ao cabaret estético, onde as imaxes se suceden a gran velocidade. Cunha duración de 90 minutos sen descanso, Reinventio propón unha viaxe continua e intensa, na que cada escena é un paso máis nese camiño simbólico da vida que conecta co espírito do Camiño de Santiago, vínculo que latexa en todo o espectáculo como metáfora da transformación persoal e da capacidade de reinventarse que define tamén o espírito do proxecto.
Cada función será unha oportunidade para deixar que o asombro volva ocupar o seu lugar. Reinventio non pretende explicar o mundo, senón recordarnos o que o fai habitable: a beleza, a emoción compartida, a capacidade de crer no que non se ve.

O espectáculo ofrece unha experiencia inolvidable. / Vanessa Rábado
As entradas para Ferrol e A Coruña sairán á venda nos vindeiros días. Para as de Santiago haberá que esperar.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos