Dano Cerebral Santiago reivindica o papel clave das asociacións de familias
A entidade compostelá reclama un compromiso real e sostido das institución cos afectados para garantir unha inclusión plena

Os asistentes ao acto central de Dano Cerebral Santiago facendo o xesto simbólico do Día do Dano Cerebral.
K.M.
Carmen, Miguel, Juan, Purificación, todas persoas con dano cerebral ou familiares doutras con esta discapacidade, foron as encargadas de pór voz ao manifesto lido este domingo na celebración do Día do Dano Cerebral.
No acto, no hotel Oca Puerta del Camino, houbo 200 asistentes que representaban a base social da asociación: persoas socias, profesionais, voluntarios ou colaboradores, así como representantes de diferentes instituciones encabezados pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; xunto á concelleira de Dereitos e Políticas Sociais, María Rozas; a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña García Abeijón, e edís como María Baleato, Nerea Barcia, Gumersindo Guinarte, Mercedes Rosón, Milagros Castro e Marta Álvarez.
Motor de transformación social
A conmemoración do Día do Dano Cerebral comezou co grupo de pandeireteiras da Asociación cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, para dar paso á lectura do manifesto, que este ano reivindica o papel das asociacións impulsadas por familias, xa que coincide co trinta aniversario da federación Dano Cerebral Estatal, así como co 25 aniversario de Dano Cerebral Santiago, unha das entidades máis antigas de España.

Teresa Tojo, usuaria de Dano Cerebral Santiago, lendo o manifesto. / Cedida
Ademais de incidir en que en España viven máis de medio millón de persoas con dano cerebral adquirido, que merecen unha atención adecuada ás súas necesidades, o manifesto lembra que nestas tres décadas «persoas con DCA e familias xeramos espazos de apoio, comprensión e defensa dos nosos dereitos». «As asociacións de dano cerebral son, desde fai tres décadas, un motor de transformación social», sinala, e engade que «son espazos de reunión e esperanza, onde as persoas atopan comprensión, información, terapias e apoios que non achan noutros lugares. Son, sobre todo, comunidades que constrúen dignidade».
Estratexia de atención integral
Entre as reivindicacións deste colectivo, a creación dun código diagnóstico específico de dano cerebral adquirido á alta hospitalaria para mellorar o seguimento e a atención desde o primeiro momento, a creación dunha estratexia de atención a esta doenza que coordine recursos, servizos e apoios de forma integral, a elaboración dun censo estatal de afectados e o acceso a unha atención integral, inclusiva e universal que contemple ás familias e á diversidade de realidades.
Reclama máis recursos especializados e un «compromiso real e sostido que garanta os dereitos e a inclusión», pedindo que os próximos trinta anos «sexan de igualdade, inclusión plena e respecto».
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos