Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Asorey, tallar o espiritual no colosal e no cotián

O Museo Centro Gaiás acolle dende este martes e até o 5 de abril a mostra ‘Francisco Asorey. Unha recuperación necesaria’. Unha escolma de traballos do artista cambadés e compostelán que quere amosar non só a súa obra, tamén o seu modo de traballar no taller, con fotografías do proceso, bosquexos e esculturas en madeira, granito mármore, modelos de escaiola...

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

«Acertei ao renderlle culto ao local no artístico, poñendo elementos de técnica e de inspiración». Así falaba da súa arte o escultor Francisco Asorey (Cambados, 1889) nunha entrevista publicada en 1950 por EL CORREO GALLEGO. E sen dúbida, así é a súa obra, unha creación que máis alá do relixioso –do que o escultor ten moita obra– chega ao etnográfico con pezas coma O Tesouro, na que a costureira compostelá Manuela Sánchez serviu de modelo para crear esa galega que porta un xato.

Francisco Asorey. Unha recuperación necesaria é a exposición que pecha a programación deste ano no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Unha mostra que se inagurou onte e que se vai poder visitar até o 5 de abril de 2026, de martes a domingo de 10 a 20 horas e de balde. Unha compilación, non só dos traballos do artista que desenvolveu boa parte da súa vida profesional en Compostela (con obradoiros na Caramoniña e Tras Santa Clara), senón tamén do seu facer, con pezas en escaiola, mármore, bronce, granito... e por suposto madeira.

A obra de Asorey é sobrecolledora, no monumental e no detalle. No primeiro caso, unha pantalla a escala 1:1 recibe o visitante na primeira sala da exposición amosando a obra pública do cambadés, da que a capital galega conta co monumento a San Francisco pero que está espallada por todo o territorio, con obras tamén colosais coma a homenaxe a Curros (nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña) ou ao Aviador Loriga (en Lalín).

El Gaiás rinde tributo a Francisco Asorey, el escultor que hizo de la piedra el alma de Galicia

El Gaiás rinde tributo a Francisco Asorey, el escultor que hizo de la piedra el alma de Galicia / Antonio Hernández

Pero o escultor, vinculado a literatos coma os seus veciños Ramón Cabanillas, Valle-Inclán ou Alfonso Daniel R. Castelao, tamén retratou o común: Picariña, A naiciña ou Ofrenda a San Ramón son algunha mostra diso.

Desta última obra, que entronca coa obra relixiosa de Asorey, non quixo deixar pasar o comisario da exposición, o director do Museo de Arte Contemporánea –Marco– de Vigo, Miguel Fernández Cid, a peculiaridade de que o escultor amosa só a muller que fai a ofrenda, obviando neste caso o suxeito a quen se ofrece, o santo.

Foi precisamente a obra relixiosa de Francisco Asorey a que lle permitiu ao comisario Fernández Cid, nun percorrido guiado pola exposición, falar da evolución técnica e artística do escultor. Dous crucificados enfrontados, un deles flanqueado por dous anxos. Un Cristo «da primeira época de Asorey, de talla máis clásica, traballado con estuco e logo pintado», acompañado por outras dúas figuras creadas dúas décadas despois, «cando o artista xa non emprega o estuco e comeza a pintar directamente na madeira». Fronte a esta composición outro crucificado, o Cristo de Moiá, encargo dun empresario catalán que en orixe –e poden verse na mostra os bosquexos– ía ser de estilo románico e «rematou sendo unha talla completamente contemporánea», actual tamén hoxe, lonxe das clásicas tallas de crucificados.

El Gaiás rinde tributo a Francisco Asorey, el escultor que hizo de la piedra el alma de Galicia

El Gaiás rinde tributo a Francisco Asorey, el escultor que hizo de la piedra el alma de Galicia / Antonio Hernández

O taller do escultor

Fronte á obra pública e relixiosa, sempre monumental de Asorey, a mostra do Museo Centro Gaiás recolle tamén a esencia do seu taller, a través das súas ferramentas –algunhas delas creadas polo propio artista– e de retratos realizados na súa maioría polo fotógrafo, compostelán de adopción, Ksado.

Xunto a algunhas outras, de figuras coma o coruñés Chicharro, a cámara do abulense Luis Casado capturou o traballo de Asorey no seu obradoiro, en imaxes nas que vemos pezas que dous pasos máis alá están expostas –en proceso de creación ou xa rematadas repousando nalgún ángulo do encadre–, nunha composición expositiva que consegue achegar unha imaxe global do traballo e do proceso creativo de Francisco Asorey.

El Gaiás rinde tributo a Francisco Asorey, el escultor que hizo de la piedra el alma de Galicia

El Gaiás rinde tributo a Francisco Asorey, el escultor que hizo de la piedra el alma de Galicia / Antonio Hernández

Sanmartín e Rueda louvan a obra do artista

«Hoxe é un día para nos felicitar colectivamente», comezaba a súa intervención na inauguración de Francisco Asorey. Unha recuperación necesaria a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. A rexedora fixo fincapé nesa expresión do título da mostra, «recuperación necesaria» de achegamento á obra «dun dos artistas que tivo máis pegada na cidade en que viviu», Compostela.

«Falamos dun creador no sentido amplo da palabra, simplemente con facer un percorrido pola exposición vemos que plasmou a nosa identidade artística, obras que fan grande a arte galega, construtor de pezas que sabemos que responden un estilo propio», dixo Sanmartín. Un estilo que Asorey defendía que bebía da prehistoria, do románico e do barroco pero que hoxe en día, como ben destacou a rexedora compostelán, cando estamos diante dunha peza, sobre todo de madeira, deste autor «rapidamente identificamos que isto é de Asorey».

El Gaiás rinde tributo a Francisco Asorey, el escultor que hizo de la piedra el alma de Galicia

El Gaiás rinde tributo a Francisco Asorey, el escultor que hizo de la piedra el alma de Galicia / Antonio Hernández

A alcaldesa non deixou de destacar os obradoiros de Asorey na Caramoniña e Tras Santa Clara nin de louvar o acerto da monumentalidade da estatua de San Franciso, «presenza poderosa que nos recibe nunha das principais entradas da cidade».

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou na súa intervención que a través da obra de Asorey se distingue «unha maneira de traballar moi característica que nos permite identificar un dos grandes escultores galegos de todos os tempos». Rueda quixo destacar da mostra que acolle o Museo Centro Gaiás que reúna «as diferentes facetas que traballou, as diferentes persoas e institucións que confiaron», en relación ao comisario da obra –Miguel Fernández Cid– e á coordinadora –a neta do artista, Carmen Asorey–, «en dar unha visión global» da creación artística de Asorey.

Tracking Pixel Contents