A investigación punteira da USC acércase á sociedade: xornada de portas abertas nos centros singulares
A novena edición de Ciencia Singular permitirá coñecer a actividade do CiQUS, CiMUS, CiTIUS, IGFAE e CRETUS o sábado 8 de novembro
Xa está aberta a inscrición

Jornada de puertas abiertas a empresas y organizaciones celebrada el pasado mes de julio en el Citius de la USC. / Jesús Prieto
L.R.
Un ano máis, a Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago abre as portas á cidadanía o vindeiro sábado 8 de novembro, coa celebración da novena edición de Ciencia Singular. Axornada ofrece a visita ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), ao Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), ao Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) ou ao Centro de Investigación Interdisciplinario en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS).
Desde as 10.00 da mañá e ata as 20.00 horas, persoas de todas as idades percorrerán estas instalacións científicas para coñecer, da man do persoal investigador, o labor punteiro que se desenvolve neles día a día.
Para participar nas actividades é preciso un rexistro previo, que pode formalizarse na páxina web de Ciencia Singular dende este mércores 29 de outubro ás 16.00 horas. Na propia páxina estarán accesibles os programas e horarios da xornada. Habilitaranse catro quendas de visitas (10.00, 12.00, 16.00 e 18.00 horas). ecg
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos