Oitenta candidatos a director asistente da Real Filharmonía de Galicia
Procedentes de dezasete nacionalidades, a súa resposta a esta convocatoria reflicte o interese pola labor da orquestra compostelá

A Real Filharmonía de Galicia, nunha actuación en Santiago no Auditorio. / Jesús Prieto
Redacción
Un total de 81 persoas procedentes de 17 nacionalidades diferentes presentáronse á convocatoria da Real Filharmonía de Galicia para seleccionar un novo director asistente para a anualidade 2026/2027. Unha importante resposta, reflexo do atractivo internacional que esperta o proxecto artístico da orquestra compostelá. En concreto, a metade dos aspirantes son de orixe española, mentres que entre o resto os hai de Colombia, Chile, Italia, Polonia, Alemania, Brasil, Portugal, Suiza, China, Cuba ou Filipinas.
Novas xeracións da dirección musical
A elevada participación deste ano confirma tamén «a relevancia da formación musical como espazo de aprendizaxe e colaboración para as novas xeracións de profesionais da dirección musical; ámbito no que a Real Filharmonía está moi comprometida, creando oportunidades para o talento emerxente e ofrecendo unha experiencia única de traballo directo co conxunto e co seu equipo artístico», apunta a orquestra.
O posto de dirección asistente supón tamén unha fonte de inspiración e renovación para o propio grupo, nunha iniciativa coa que a orquestra con sede en Santiago amosa a súa vontade de seguir sendo unha formación aberta aos novos tempos, apostando polo futuro da música e pola transmisión de coñecemento, consolidando á Real Filharmonía de Galicia como un referente neste eido para as novas xeracións.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos