Santiago
Continúan os contactos para definir o reparto de mercadorías en Santiago
Raxoi busca un modelo eficiente e sustentable coa nova plataforma loxística

Reparto de mercadorías nunha rúa do casco histórico de Santiago / Antonio Hernández
O Concello de Santiago continúa cos contactos para definir o novo modelo de reparto de mercadorías na cidade a través da futura posta en marcha da plataforma loxística. Raxoi reuniuse recentemetne cos sectores implicados e interesados –Horeca, ocio nocturno, comercio, empresas de distribución ou a propia veciñanza– para buscar a súa colaboración na procura de acadar unha fórmula máis eficiente e sustentable. O proxecto mudará o sistema de distribución da cidade histórica coa creación dunha infraestrutura centralizada no polígono do Tambre.
As obras da plataforma comezaron a finais do pasado mes de novembro e os prazos establecidos sitúan a súa finalización antes de que remate o 2025. Ademais, Raxoi mantén a previsión de que o centro estea operativo na primeira metade do 2026. Neste momento, está pendente a adxudicación dos traballos para a urbanización exeterior, cun orzamento de 630.000 euros.
Máis de 400 enquisas
Para a definición do modelo de reparto, realizáronse máis de 400 enquisas entre os axentes implicados, así como talleres informativos con empresas de distribución e mesas de traballo. Neses encontros, o Concello presentou a todas as persoas asistentes as características do proxecto. Raxoi indica que mantén esas liñas de diálogo abertas e segue a recibir todas as opinións e inquedanzas co obxectivo de «contar con todos no deseño dun modelo de cidade sustentable, accesible e habitable».
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Rueda: 'A mellor opción e, probablemente a única', es una sola Facultad de Medicina descentralizada
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana