Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O papel das mulleres na sociedade: chega unha nova edición do Premio Xohana Torres

O prazo de presentación dos traballos finaliza o vindeiro 30 de decembro

Entrega do Premio Xohana Torres na edición do 2024.

Entrega do Premio Xohana Torres na edición do 2024. / Jesús Prieto

L.R.

Santiago

O Concello de Santiago, en colaboración coa USC, xa puxo en marcha unha nova edición do Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega. O certame creado en 1993 ten por obxecto potenciar a presenza e o recoñecemento social das mulleres en todos os ámbitos da sociedade, facer visible as súas diversas achegas ao longo da historia, promover a igualdade efectiva de mulleres e homes e erradicar as diferentes formas de discriminación e desigualdade que viven a día de hoxe as mulleres. O prazo de presentación dos traballos finaliza o 30 de decembro de 2025 ás 14.00 horas. 

Os traballos que se presenten ao premio tratarán da participación das mulleres na sociedade e terán como obxectivo resaltar o papel protagonista ou o esquecemento das mulleres nos diferentes ámbitos da sociedade galega. Poderán ser de carácter histórico, político, científico, literario, ou artístico, e ter forma de ensaio, investigación científica ou composición audiovisual, e sempre se referirán a mulleres galegas ou experiencias das mulleres en Galicia.

Cada premio, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual, estarán dotados con 2.500 euros, que cubrirán os dereitos de edición das obras por parte do Servizo de Publicacións da USC.

Traballos premiados nas últimas edicións

Ano 2024 / Modalidade de ensaio/investigación: Natalia Jorge Pereira por Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño

Ano 2024 / Modalidade audiovisual: Carmen Pérez González Granxeiro por Escenas dun consenso

Ano 2023 / María Montserrat Fajardo Pérez  por Caídas

Ano 2022 / Rosalía Quiroga Trasorras por Mal olladas

Ano 2021 /Arantxa Lamas Ponte por As pétalas murmuran

Tracking Pixel Contents