BNG, CA e PSOE critican o "alarmismo" do PP
O debate sobre a "inseguridade" en Santiago tensa un pleno que aproba novas medidas
Os concelleiros non adscritos apoian a proposición presentada polos populares e BNG, Compostela Aberta e PSOE abstéñense

O pleno aproba tomar "medidas de choque" para frear a inseguridade en Santiago nun debate cheo de críticas ao discurso "alarmista" do PP / Concello de Santiago
O pleno ordinario celebrado este xoves deulle luz verde a unha proposición presentada polo PP na que se instaba ao goberno local a tomar "medidas de choque que afronten o incremento de pelexas, trapicheo de drogas e inseguridade en diferentes zonas da cidade".
A proposición saiu adiante co apoio dos catro edís non adscritos e a abstención de PSOE, BNG e Compostela Aberta pero o debate centrouse máis en criticar o discurso "alarmista" de Borja Verea e da súa formación, así coma a mestura de temas coma a drogadicción e o senfogarismo.
"Comprendemos e compartimos a preocupación da veciñanza, preocúpanos e ocúpanos", afirmou o edil de Convivencia, Xan Duro, para criticar a "estratexia alarmista do PP dende hai meses porque saben que o dato non mata o relato".
Un relato no que o voceiro do PP, Borja Verea, incidiu na súa intervención inicial chamando "neglixente" á alcaldesa Goretti Sanmartín polo "peche do parque de bombeiros e dispoñer dun único Policía Local patrullando a cidade" nesta semana, pese a que dende o goberno local se insiste en que o parque non pechou pese a contar con tan só tres efectivos.
Sensacion de falta de seguridade
Verea asegurou que o Bipartito "pon en risco a vida dos santiagueses e dos profesionais" dos Corpos e Forzas de Seguridade, aos que se lles debe un ano de pagamento de horas extra. O líder do PP falou na súa intervervención de consumo de drogas, da existencia de narcopisos e das persoas que habitan na rúa. Algo polo que colleitou as críticas do resto de grupos, que lle recriminaron que incluíse nunha cuestión de inseguridade a problemática do senfogarismo, "eles son vítimas desa situación", asegurou o socialista Sindo Guinarte.
Pese a todo, o resto da oposición (PSOE e non adscritos) coincidiu co Partido Popular en que está a medrar entre a veciñanza de Santiago "a sensación de inseguridade", puntualizou o edil non adscrito Gonzalo Muíños para poñer o foco na necesidade de "atallar o incremento da delicuencia" lembrando que "no pleno e febreiro deste ano propuxemos crear o Pacto local pola Seguridade e a Convivencia", unha medida que dende a súa perspectiva contribuiría a "evitar discursos alarmistas".
Muíños, igual que o resto de voceiros da Corporación, afeoulle a Borja Verea que máis alá de falar de cuestións non recollidas na proposición presentada non achegase, para loita contra a inseguridade que denunciaba, "nin unha soa medida". Así e todo os catro edís non adscritos, votaron a favor da iniciativa.
Non foi o mesmo o posicionamento do PSOE, que se abstivo na votación, pese a coincidir con Verea en que "a situación dos bombeiros e da policía local é extremadamente preocupante". Dende o Goberno, a rexedora Sanmartín respondeu á denuncia de Verea sobre o discurso do Bipartito da taxa de reposición: "Menten, mes tras mes, porque non están a esgotar a taxa de reposición, que é acumulativa". A alcaldesa asegurou que se "falta á verdade cando se di que non nos preocupamos" a afirmou que os datos achegados polos Corpos e Forzas de Seguridade afirman que "Santiago é segura".
Ao falar dos corpos de Bombeiros e Policía Local, Goretti Sanmartín reafirmou o compromiso do goberno local no sentido de "pagar as horas extras, e ademais abrimos unha mesa de negociación", para a mellora das condicións laborais das forzas de seguridade locais.
Senfogarismo en Cervantes
Nas últimas semanas, unha persoa sen fogar de conduta conflitiva xerou polémicas situacións na Praza de Cervantes, onde esta persoa habitaba. Veciñanza e comerciantes deron mostras do malestar e os inconvintes que esta persoa estaba a causarlles polo seu comportamento e falta de hixiene. Finalmente, unha orde de alonxamento a un dos locais da praza sacou do lugar ao senfogar.
Mais en días previos a este feito o Partido Popular de Santiago deu unha rolda de prensa para denunciar esta situación e fíxoo na propia Praza de Cervantes. O pleno deste xoves serviu tamén para que o resto de grupos da Corporación local, sen excepción, condeasen este feito.
"Non mesturemos senfogarismo e trapicheo de drogas porque son problemas distintos", solicitou a edil non adscrita Marta Álvarez, a primeira que quixo criticar "que foran á praza de Cervantes", expoñendo e situando no foco a esa persoa sen fogar.
Unha referencia que non deixou pasar o concelleiro Xan Duro, que definiu o feito con esa rolda de prensa coma "unha total falta de escrúpulos" e uniuse ás palabras do edil Gonzalo Muíños, que declarou que "non compartimos o discurso de odio a persoas vulnerables que viven na rúa", para engadir que o discurso do PP "é abono para o odio".
O concelleiro Duro afeoulle tamén a Borja Verea e á súa formación que con denuncias coma a de que o goberno local non fai nada coa xente da rúa, "menten e arrementen contra os profesionais técnicos de Servizos Sociais", que traballan diariamente cos senfogar. Unha defensa dos profesionais desta área que tamén fixo a edil Marta Álvarez lembrando o tempo de traballo ata conseguir a confianza das persoas que habitan na rúa e poder darlle solución á súa situación.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
