Santiago
Premiadas dúas enfermeiras do servizo de Radioloxía do CHUS
Foron recoñecidas co primeiro premio nacional, na categoría de póster, no XXII Congreso da Sociedade Española de Enfermería Radiolóxica celebrado en Pamplona

Inés Rial (esq.), e María Cristina Pérez, enfermeiras do CHUS / Cedida
Co fin de mellorar a atención e o diagnóstico en pacientes pediátricos, dúas enfermeiras do servizo de Radioloxía da área sanitaria de Santiago e Barbanza, realizaron unha revisión exhaustiva sobre os coidados de enfermaría na sonocistografía, unha técnica ecográfica que utiliza un medio de contraste para detectar o refluxo vesicoureteral en nenos. As autoras principais deste traballo, Inés Rial Carrillo e Mª Cristina Pérez Ferro, foron recoñecidas co primeiro premio nacional, na categoría de póster, no XXII Congreso da Sociedade Española de Enfermería Radiolóxica celebrado recentemente en Pamplona.
A sonocistografía é un procedemento non invasivo que se tornou esencial na avaliación de trastornos urolóxicos na poboación pediátrica. A diferenza doutras técnicas que empregan radiación ionizante, a sonocistografía ofrece unha opción segura e eficaz para os máis pequenos, garantindo un diagnóstico preciso sen os riscos asociados á radiación. Para isto utilízase un axente de contraste con microburbullas de hexafluoruro de azufre.
A investigación realizada polo equipo de enfermaría destaca a vital importancia da preparación e do coidado durante este procedemento. As enfermeiras desempeñan un papel fundamental ao asegurar a comodidade e a seguridade do paciente, minimizando o risco de complicacións e mellorando a calidade do estudo.
A revisión bibliográfica, que incluíu bases de datos como Pubmed e a análise da ficha técnica de SonoVue, permitiu establecer un protocolo claro de coidados de enfermaría. Este protocolo garante que os pacientes pediátricos reciban a atención necesaria antes, durante e despois da sonocistografía, contribuíndo a un procedemento exitoso e sen contratempos. En conclusión, a sonocistografía representa unha ferramenta valiosa na práctica pediátrica moderna. A preparación adecuada e a actuación efectiva do persoal de enfermaría son esenciais para optimizar os resultados do diagnóstico.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos