Estes son os catro colexios de Santiago que o PSdeG quere que mellore a Xunta
O deputado e líder dos socialistas composteláns presentará enmedas nos orzamentos autonómicos para que recollan novas obras

O secretario xeral dos socialistas de Santiago, Aitor Bouza, este venres en rolda de prensa / Cedida
O deputado no Parlamento de Galicia e secretario dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, anunciou este venres que presentará enmendas aos orzamentos da Xunta co obxectivo de dar resposta ás demandas recollidas nas reunións mantidas coas comunidades educativas de Santiago.
O PSdeG pedirá investimentos en varios colexios públicos da cidade. No CEIP López Ferreiro, os socialistas propoñen «a ampliación do centro, que queda absolutamente insuficiente, e tamén a ampliación do comedor polas propias deficiencias existentes». No CEIP Vite, solicitarán «unha reforma integral ante a situación actual que inclúa a mellora da fachada, as ventás, a pintura, cuestións de accesibilidade, o semicuberto da pista e a reforma dos baños». Tamén no CEIP Quiroga Palacios o PSdeG demandará «a ampliación do centro», así como «a reforma dos baños e que o patio semicuberto poida ser empregado por todo o alumnado e non só polos cursos máis altos». No CEIP Raíña Fabiola, as emendas inclúen a ampliación do comedor escolar. Bouza destacou que «cartos hai se realmente non lle perdoamos aos máis ricos os máis de 800 millóns de euros e apostamos pola educación pública e de calidade».
Reforzo profesorado
O PSdeG presentará tamén iniciativas parlamentarias complementarias para reforzar o profesorado e o persoal de apoio nos centros educativos. Entre as necesidades detectadas polos socialistas, Bouza destacou que o CEIP López Ferreiro precisa «unha profesora ou profesor de audición e linguaxe», o Monte dos Postes «dous PTs e unha AL, porque están absolutamente desbordados», e o Raíña Fabiola «un PT e que os coidadores deixen de estar compartidos con outros centros».
«Ante esta situación o que solicitamos á Xunta de Galicia, e sobre todo o que esiximos ao señor Rueda, é que atenda as necesidades educativas de Santiago de Compostela», sinalou Aitor Bouza.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces