Investigadores da USC documentan en 3D os petróglifos de Campo Lameiro
O proxecto RUPESTR3D permite «rexistrar motivos deteriorados ou ocultos pola vexetación»

Petróglifo do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. / C.
L.R.
Co obxectivo de garantir a conservación, o estudo e a difusión do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, un equipo de investigación da Universidade de Santiago (USC) e do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais documentou os seus petróglifos empregando técnicas de fotogrametría terrestre e aérea (con dron) para xerar modelos tridimensionais de alta resolución.
Os resultados desta investigación presentáronse recentemente no CISPAC, xa que o proxecto ‘RUPESTR3D: Modelado 3D e análises de imaxe dixital para o rexistro e documentación da arte rupestre do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro (Pontevedra)’, liderado por Alia Vázquez Martínez e Alexis Maldonado Ruiz, obtivo en 2024 unha das tres axudas do Programa Xan de Forcados que convoca anualmente o centro con sede no Edificio Fontán.

Fotogrametría aérea con dron no Parque de Campo Lameiro. / C.
Os investigadores documentaron en 3D, analizaron e xeolocalizaron os petróglifos do Parque, e tamén elaboraron un visor web interactivo que permite tanto a especialistas como ao público xeral acceder a representacións tridimensionais dos paneis cos seus motivos gravados.
O uso das técnicas dixitais evidencian o impacto positivo das tecnoloxías na documentación e conservación da arte rupestre «xa que permiten rexistrar con precisión motivos deteriorados ou ocultos pola vexetación, contribuíndo así a unha mellor comprensión e preservación das estacións rupestres ao aire libre», explican o autor e autora da investigación. Ademais, engaden, «favorece o coñecemento e a protección deste patrimonio cultural».
Os resultados do proxecto RUPESTR3D presentáronse anteriormente no marco das I Xornadas Internacionais da Arte Rupestre Atlántica no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Santiago elige estos dos días como sus festivos locales en 2026
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos