O pleno aproba dotar de máis recursos Bando e crear un plan de continxencia para a EDAR
O recente sacrificio de Gosu, o can que atacou a un dos traballadores do Refuxio, protagonizou parte do pleno

Imaxe de arquivo cunha visita institucional ás obras da EDAR da Silvouta / Antonio Hernández

O pleno municipal aprobou este xoves dúas propostas realizadas polo PP e relativas ao verquido producido no Sar por mor das obras da EDAR –estación depuradora– da Silvouta, así como dotar de máis recursos económicos o Refuxio de Bando coa intención de mellorar as condicións dos animais e mais dos traballadores, logo do ataque de Gosu a un dos operarios e o posterior sacrificio do can.
Esta última iniciativa contou cos votos a favor PP, PSOE e dos edís non adscritos, nun debate que novamente estivo protagonizado pola lea. Mentres o edil Adrián Villa instaba o Bipartito a liderar a proposta de mellora dentro do padroado para «evitar outra traumática situación» –en referencia a Gosu–, o concelleiro de Dereitos dos animais, Xesús Domínguez, lembráballe que pese a dirixir o refuxio o Concello de Santiago as decisións tómaas o Padroado, integrado tamén polos municipios de Teo, Vedra, Boqueixón, Brión, Touro, Val do Dubra, Dodro, Trazo e Padrón.
Domínguez indicoulle a Villa que o sacrificio de Gosu foi sometido á consideración do Padroado e recibiu «11 votos a favor e dous en contra», polo que recordou ao edil do PP que «todos somos corresponsables e o primeiro é pensar na seguridade das persoas».
Canto ao verquido producido polas obras na EDAR da Silvouta, Villa afeoulle ao goberno local que se manifesten contra Altri «empregando o bulo de que vai arrasar a ría da Arousa» mais non se pronuncie polo acontecido días atrás no Sar. Domínguez defendeu que a depuración do río é deficiente dende hai anos e puxo en valor que esta obra resolverá esta situación, destacando que as actuacións están en prazo e entrarán na segunda fase en 2026.
A proposta saiu adiante co voto a favor do PP e as abstencións dos demais grupos da Corporación, que coincidiron en defender que «logo de 25 anos» se desbloquee a EDAR e lembrarlle aos populares que «non existe o risco cero».
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber