Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ryanair fai efectivo o ERE da súa auxiliar de terra en Lavacolla

Reduce a xornada de 63 persoas ao 50% e quen non acepte «será despedido», asegura a CIG

Os empregados de Ryanair no aeroporto mobilizáronse dende o anuncio da compañía sobre os despedimentos

Os empregados de Ryanair no aeroporto mobilizáronse dende o anuncio da compañía sobre os despedimentos / Jesús Prieto

Santiago

Na tarde deste venres o sindicato CIG enviou un comunicado de prensa para informar do ERE que Azul Handling –empresa auxiliar de terra da compañía aérea Ryanair– vai facer efectivo a partir deste sábado. Un ERE que lembra o sindicato «vai afectar a 63 persoas que van ver reducida a súa xornada de traballo ao 50%», mentres destaca que «aquelas que non acepten serán despedidas». Ademais, a CIG recalca que a partir do próximo sábado 8 de novembro «hai comunicados un total de 18 despedimentos».

En relación con isto último a CIG-Servizos de Compostela explica que entende que «o número de despedimentos será maior, xa que as comunicacións das reducións de xornada teñen que ser aceptadas e as persoas que non asuman esta modificación da súa xornada serán despedidas».

Impugnar o expediente

Dende o vindeiro luns, 3 de novembro, segundo informa a CIG no seu comunicado, a Inspección de Traballo de Madrid, que está actuando de oficio, citou á representación social para abordar os termos do expediente de regulación de emprego e nese encontro «a CIG vai pedir a nulidade desta medida por considerar que é unha fraude».

Neste sentido, e segundo explica o secretario da CIG-Servizos de Compostela, Roberto Alonso, dende o sindicato «tamén imos impugnar o ERE en vía xudicial ao considerar que non existen causas obxectivas para os despedimentos nin as reducións de xornadas».

Tracking Pixel Contents