Vázquez Cendón, nova académica de número da Real Academia de Ciencias española
A catedrática da USC ocupará a medalla do profesor Amable Liñán

Elena Vázquez Cendón, catedrática da USC exdecana de Matemáticas. / Santi Alvite
Redacción
A catedrática de Matemática Aplicada Elena Vázquez Cendón acaba de ser elixida académica de número na sección de Matemáticas da Real Academia de Ciencias de España, onde ocupará a medalla 29, a do profesor Amable Liñán. Con el compartiu dedicación ao programa Estalmat, xa que Liñán dirixiu esa iniciativa de estímulo de talento matemático desde a academia durante varios anos e Vázquez Cendón a preside na actualidade en Galicia.
A exdecana de Matemáticas di que é un «recoñecemento ao traballo realizado, que sempre ten unha dimensión colectiva en ciencias». Segundo explica, «nace no grupo de investigación Enxeñaría Matemática da USC, en conexión con valiosas persoas das que sempre aprendín e que conforman a familia de coautoras e coautores coa que temos achegado solucións analíticas e numéricas a problemas non lineais en mecánica de fluídos».
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces